28 de enero de 2025
O Concello da Coruña incorpora talleres de seguridade viaria nos programas municipais ‘Maiores en Plena Forma’ e ‘Actividades Socioculturais’, promovendo unha mobilidade segura para persoas maiores de 55 anos
O Concello da Coruña dá un paso máis na promoción do benestar e a seguridade das persoas maiores coa incorporación de talleres especializados impartidos por axentes da Policía Local nos programas xa consolidados de 'Maiores en Plena Forma' e 'Actividades Socioculturais'. Esta iniciativa do Goberno de Inés Rey ten como obxectivo principal fomentar a seguridade viaria entre a cidadanía maior de 55 anos, garantindo unha mobilidade segura e autónoma.
A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, subliñou que "a coordinación entre as distintas áreas do Concello permite ampliar o alcance e a calidade dos servizos que prestamos á cidadanía. A seguridade viaria é fundamental para que as persoas maiores poidan manter a súa independencia no día a día". Pola súa banda, a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz Romero, destacou que "estes talleres non só educan en normas de seguridade, senón que tamén permiten achegar a Policía Local á veciñanza, reforzando os lazos comunitarios".
Os talleres inclúen sesións teóricas e prácticas, abordando temas como o recoñecemento das sinais viarias, os dereitos e obrigas dos peóns, o uso responsable dos pasos de peóns e as precaucións ao circular por zonas urbanas. Ademais, incorporarase unha dinámica participativa para identificar puntos de mellora na seguridade viaria da cidade, recollendo as experiencias e suxestións das persoas participantes.
Estas actividades compleméntanse coa ampla oferta de 'Maiores en Plena Forma', que inclúe accións de estimulación física, cognitiva e social, e coas 'Actividades Socioculturais', que abarcan desde talleres artísticos e tecnolóxicos ata visitas culturais e paseos dinámicos. A suma dos talleres da Policía Local enriquece aínda máis un programa que, segundo datos do Concello, chega a máis de 10.000 persoas cada ano.
Os talleres comezarán a impartirse no mes de marzo nos centros cívicos municipais. Esta iniciativa reflicte o compromiso do Goberno municipal coa creación dunha cidade accesible, segura e inclusiva para todos os colectivos. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co Servizo de Acción Social ou consultar a páxina web do Concello.

28 de enero de 2026

22 de enero de 2026

15 de enero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible