Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de noviembre de 2023

Noemí Díaz anima a usar o novo composteiro comunitario de Novo Mesoiro

A concelleira de Medio Ambiente asistiu a unha das sesións de formación e animou a cidadanía a empregar este equipamento

 A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, participou esta fin de semana na derradeira das sesións de formación sobre o novo composteiro comunitario de Novo Mesoiro, que xa está operativo. A edila destacou o traballo do Goberno de Inés Rey para achegar á cidadanía diferentes métodos para reciclar os seus residuos.

"O produto resultante poderá empregalo a propia cidadanía, as persoas adxudicatarias das hortas urbanas do barrio ou como adobo para parques e xardíns de titularidade municipal", sinalou Díaz. Durante as formacións, persoal cualificado explicoulle ás persoas interesadas o proceso para a creación de compost e os seus posibles usos.

O Goberno de Inés Rey busca con este proxecto que a cidadanía deposite neste equipamento os seus residuos orgánicos e, así, se familiarice co proceso de xeración de compost. Trátase da primeira instalación dunha iniciativa que chegará nos próximos meses a outros barrios da cidade.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión