Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de noviembre de 2023

Noemí Díaz aposta por concienciar á mocidade sobre a importancia de mellorar a calidade ambiental da cidade

A concelleira de Medio Ambiente explicou ao alumnado do CEIP Labaca o funcionamento da nova estación de vixilancia da calidade do aire da praza de Pontevedra

A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, explicou esta mañá o funcionamento da nova estación de vixilancia da calidade do aire instalada na praza de Pontevedra ao alumnado do CEIP Labaca, que se desprazou a esta nova instalación municipal, que permitirá analizar os principais indicadores e a súa evolución no tempo nunha contorna densamente poboada.

"O Goberno de Inés Rey reforza deste xeito o seu compromiso coa mellora da calidade de vida da cidadanía, buscando coñecer os principais indicadores ambientais para, se é preciso, poder implementar medidas que redunden nunha maior calidade de vida das persoas.", sinalou Díaz. 

O proxecto foi financiado con cargo aos fondos do Plan Nacional de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiados pola Unión Europea (Next Generation), e forma parte dun conxunto de actuacións de mellora da avaliación ambiental que permitirán posicionar o Concello á altura das grandes cidades europeas en materia de control de contaminantes ambientais grazas á despregadura de novos sensores e a diversas ferramentas de modelización ambiental de alta resolución espacial.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión