8 de enero de 2024
Noemí Díaz: “Quizáis a Xunta non é consciente de que ao activar o plan de emerxencia son eles os que teñen as competencias”
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, achegouse esta mañá ate a praia das Lapas para supervisar os traballos municipais de limpeza que se están a realizar na Coruña para facer fronte á marea de pellets de plástico presente nos areais coruñeses. "Dende o venres temos constancia e estamos traballando en Bens, O Portiño, Riazor-Orzán e As Lapas cun reforzo de limpeza de praias das bolas de plástico da que todavía non sabemos a composición".
Dende o Concello da Coruña levouse a cabo a recollida dunha mostra dos pellets, e enviouse ao laboratorio para poder coñecer a composición. "Realizamos a mostra para saber que efectivamente se trata de plástico e sobre todo de plástico inerte, é dicir, que non ten ningún compoñente nocivo porque todavía non nos chegou constancia de que material estamos a manexar" sinalou.
Díaz lembrou que o Concello todavía non recibiu ningunha notificación por parte da Xunta de Galicia sobre a posta en marcha da Fase I do Plan de Emerxencia. "Quizáis a Xunta non é consciente de que ao activar o plan de emerxencia son eles os que teñen as competencias para realizar a limpieza de praias e coordinar ás persoas voluntarias, ambos traballos que neste momento estamos a realizar dende o Concello" explicou.
Sobre a decisión de Alfonso Rueda de non elevar o Plan de Emerxencia á Fase II, a concelleira de Medio Ambiente mostrou o seu malestar pola actuación da Xunta de Galicia. "Actúan de llanero solitario, sen pedir axuda e cargando contra os Concellos a pesar de que se nos retiraran as competencias coa activación do plan de emerxencia do que aínda hoxe seguimos sen ter notificación oficial" concluíu.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible