Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

24 de junio de 2025

Nostián mellorará as súas infraestruturas coa creación dunha nova rede separativa de saneamento que o Concello comezará a instalar esta semana

O Goberno de Inés Rey avanza co seu plan de intervencións nos diversos distritos da cidade. En Nostián, esta actuación sobre as canalizacións e o pavimento suporá un investimento de 230.000 euros

Ao longo desta semana, o Concello da Coruña porá en marcha os traballos de mellora previstos no núcleo poboacional de Nostián, onde se prevé ampliar as infraestruturas da rede de saneamento municipal cara á contorna do parque.

Con esta intervención, o Goberno de Inés Rey busca darlle resposta a unha das principais demandas da veciñanza do núcleo, moi especial en termos urbanísticos pola súa configuración, compacta e con calzadas estreitas, o que en ocasións supón un condicionante á hora de actuar sobre os espazos públicos dispoñibles.

"No caso de Nostián xa existe rede de saneamento unitaria e para a recollida de pluviais no oeste do núcleo. O que faremos agora será instalar colectores separativos para as augas residuais e estender as canalizacións á outra parte de Nostián que actualmente carecía delas, cara á contorna das vivendas próximas á fonte", precisou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz. Isto suporá, en definitiva, a mellora na recollida de augas en orixe.

Xa a posteriori, e tras a instalación dos colectores, tamén se renovará o firme. E, de paso, ampliarase a superficie de lousa e lastros que hai na contorna da fonte, co obxectivo de diferenciar un espazo de paso habitual das veciñas e veciños e reforzar a visibilidade e seguridade viaria ante o paso de vehículos.

Tal e como precisou Díaz, a previsión dos servizos municipais é que as obras arrinquen o xoves, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables para inicialas.

O investimento do Concello será de 230.000 euros.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión