Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de marzo de 2016

O alcalde avoga pola defensa da formación, “un dereito da veciñanza” que “contribuirá a dotar de maior riqueza e futuro á cidade”

Xulio Ferreiro e Alberto Lema entregaron hoxe os diplomas aos 26 mozos e mozas participantes no obradoiro municipal de emprego de garantía xuvenil

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, participaron na mañá deste xoves, no pazo de María Pita, no acto de entrega dos diplomas aos 26 mozos e mozas participantes no Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil do Concello da Coruña no ámbito das TIC, que, como indicou o rexedor, ten como fin último “mellorar as posibilidade de contratación de xente moza, facilitándolle o acceso ao mercado laboral. “Este Goberno aposta por traballar arreo polo fomento da educación e por dar unha oportunidade aos máis novos no mercado laboral”, sinalou Ferreiro, “porque iso só contribuirá a dotar de maior riqueza e futuro a esta cidade”.  Neste sentido o primeiro edil lembrou que o executivo local “leva no seu ADN que a idea de que formación é necesaria”, e que non debe ser vista como un gasto “senón como un dereito e unha oportunidade que se debe poñer ao alcance da veciñanza, especialmente ao falar de formarnos para entrar no mundo laboral”. “Por iso, a intención deste Concello é seguir sempre traballando da man doutras administracións dende a lealdade que se debe sobreentender á hora de falar do ben da cidadanía, con máis obradoiros e actividades deste tipo”, salientou o alcalde durante a entrega de diplomas, na que tamén interveu o Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia, Alfonso Marnotes.

O obradoiro, desenvolvido desde setembro do ano pasado, ten como finalidade mellorar as posibilidades de contratación do alumnado, facilitando o seu acceso futuro ao mercado laboral a través de certificacións profesionais, empregando as tecnoloxías da información e das telecomunicacións (TIC), nas especialidades de Operacións de Gravación e Tratamento de Datos e Sistemas Microinformáticos. Os e as participantes, de ata trinta anos, recibiron, xunto coas sesións específicas dos obradoiros (440 horas nun caso e 600 no outro), outras 220 horas de formación complementaria en alfabetización informática, prevención de riscos laborais, sensibilización ambiental, inserción laboral, creación de empresas e igualdade de xénero, ademais da correspondente para poder obter os títulos de ESO.

Durante os seis meses de duración do curso, os e as alumnas percibiron unha retribución mediante un contrato de formación e, ao tempo en que se formaban, traballaron nos proxectos de dixitalización do arquivo do servizo municipal de Emprego, e na introdución de datos nas bases de datos no Concello, e realizaron apoio ao persoal do servizo municipal de Emprego na asistencia técnica dos equipos informáticos existentes e na montaxe de novos equipos dunha aula informática.

 

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión