Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de marzo de 2016

O alcalde incide, no segundo encontro participativo ‘Dillo ti’, en que “este Goberno local ten claro que nesta cidade ningún barrio está por riba doutro”

Xulio Ferreiro, así como o resto de concelleiros e concelleiras do Executivo municipal, avanzaron nos proxectos de rexeneración que se proxectan para a zona de Palavea, “que van dende esixir a Fomento a posta en marcha da desexada pasarela peatonal a unha reparación integral das deficiencias do barrio, ou a reformulación das liñas de bus para que dean maior servizo a esta zona da cidade”

Esta mañá tivo lugar no Centro Cívico de Palavea o segundo encontro participativo coa cidadanía ‘Encontros co alcalde e o Goberno municipal: Dillo Ti’, que consisten nunha serie de xuntanzas abertas entre o alcalde, os e as concelleiras e a veciñanza. Neste acto, con preto de 100 persoas, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, indicou que na cidade “non hai ningún barrio por riba doutro”, á vez que anunciou diversas actuacións previstas polo Executivo local nesta zona da cidade, que teñen que ver tanto con actividades de mobilidade como de infraestruturas. “A xente, ás veces non é consciente de que Palavea é tan Coruña como o resto de barrios, e este Goberno ten claro que hai que traballar nesa liña”, indicou.

O primeiro edil coruñés avanzou distintas das medidas que o Executivo local pretende levar a cabo nesta zona da cidade, que pasa por levar a cabo unha serie de actuacións que favorezan a accesibilidade do barrio. “Outra das reivindicacións históricas da veciñanza é unha pasarela que cruce A Vedra, esta é unha actuación que levaremos este luns diante da ministra de Fomento en funcións, e reivindicaremos como prioritaria, esperando que poida ser das primeiras reformas que se levan a cabo no proceso de remodelación de Linares Rivas”, apuntou. “Temos en marcha un proxecto ademais para arranxar o firme en toda, unha actuación integral para beirarrúas, bacheado e calzadas”, comentou Ferreiro, que explicou  que estas actuacións, tidas en conta no proxecto municipal de Orzamentos Municipais, se levarán a cabo por toda a cidade.

En canto a outras actuacións na zona, o alcalde avanzou a intención do grupo de Goberno de “darlle un impulso ás piscinas de Pedralonga”, así como o proxecto da área de Igualdade e Diversidade de ubicar no Centro Cívico un espazo de atención á infancia “para ofrecer un servizo de canguraxe a aquelas familias que teñan dificultade para conciliar”. “Tamén se terá en conta especialmente dotar a Palavea dunha mellor conexión de transporte urbano no proceso de reordenación das liñas de autobús que está a levar a cabo a Concellería de Mobilidade Sostible”, explicou.

A respecto das actuacións no barrio, o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, avanzou a previsión dun Plan de Intervención Integral en toda a cidade “que afectará maiormente aos espazos públicos e a zonas libres”. “Estas actuacións estarán consesuadas coa veciñanza dos barrios, e será unha proposta que optimice ao máximo os recursos, porque a cidade é sobre todo a parte periférica da mesma, a dos barrios que durante anos estiveron esquencidos, teñen moitas necesidades”, apuntou. Entre elas, se apuntou a futura posta en marcha dun parque saudable. “A intención a respecto deste tipo de infraestruturas de ocio é aumentar e rexenerar as que xa existen, e tratar de artellar unha rede delas, de forma que os e as cidadáns poidan ir facendo, incluso un percorrido, por diferentes zonas da cidade”, comentou.

Varela tamén se referiu á necesidade de “dotar de vida á zona do Ofimático”, na busca da revitalización desa zona. “O Ofimático ten que ser habitable, ten que empezar a ter vida dunha maneira progresiva”, salientou. “A espera do final do proceso xudicial que ten que ver con esta zona, estamos a facer todas as pequenas obras que podemos á fin de ir preparando a zona e poder sacar partido de todo o que temos feito. Esperamos ademais que o curso que vén sexa posible acceder a Maristas desde Eirís, o que serviría ademais para descargar o tráfico”, dixo.

Poutro lado, o alcalde, a preguntas da veciñanza, manifestou a súa postura con respecto da negociación do proxecto de Orzamentos municipais co grupo socialista. “Realmente non sabemos cal é a postura do PSOE, xa que entendemos que a nosa proposta vai na liña do que a xente quería cando foi votar en canto a políticas sociais, infraestruturas, e atención ás preocupacións reais da xente”. “Estas cuestións non son tan visibles como facer un gran túnel, pero creo que son as necesarias para a xente”, dixo.

Pola súa banda, a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, recordou, a preguntas dunha veciña, que o servizo de atención a domicilio é “algo fundamental para este Goberno”. Así, recordou o expediente aberto polo Concello á empresa que ten a concesión deste servizo debido ás numerosas queixas recibidas por parte dos e das usuarias e ao estudo realizado pola Concellería ao respecto. “É intolerable e non é permitible que este servizo non se dea coas máximas garantías, por iso abrimos un expediente a esta empresa, sexa de quen sexa. É unha obriga deste Goberno defendervos a vós, e non imos a consentir que este servizo non funcione adecuadamente”, explicou.

A concelleira de Participación Cidadá, Claudia Delso, tamén avanzou que o novo centro de Down Coruña, en Pedralonga, terá un espazo para uso da veciñanza, que estará dispoñible “tan pronto como se asine o convenio”.

En canto a temas relacionados coa mobilidade, o concelleiro do ramo Daniel Díaz Grandío, manifestou a intención de poñer en marcha varias liñas nocturnas de autobús que conecten varias zonas da cidade e confirmou que, a día de hoxe, todas as liñas de bus son xa accesibles. “Ademais, queremos poñer en marcha, coa colaboración da Deputación, un convenio para da conexión ao carril bici de Culleredo, que chega á Ponte da Pasaxe co da Coruña”, indicou, á vez que adiantou unha experiencia piloto que se levará a cabo nalgunhas liñas de bus para posibilitar o acceso de bicicletas.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión