Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de abril de 2016

O alcalde salienta o papel do programa ‘Cultura Accesible e Inclusiva’ para a apertura á participación da cidadanía nas experiencias artísticas "excluíndo calquera barreira"

Xulio Ferreiro e a concelleira de Igualdade, Rocío Fraga, participación no acto de adhesión ao programa de dúas novas entidades colaboradoras: Aspronaga e Asociación Proxecto Máscaras

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, participaron hoxe no acto de adhesión de dúas novas entidades ao programa Cultura Accesible e Inclusiva, promovida tanto polo Concello como pola Fundación Emalcsa. Desta volta, os asinantes foron os representantes da Asociación Aspronaga, Elías Palacio Verdini, e da Asociación Proxecto Máscaras, Santiago González Iglesias.

Ferreiro, comentou, ao remate da firma, que o programa sobre cultura accesible “é moi importante xa que serve para a axudar a persoas con dificultades cognitivas e diversidades funcionais para poder acceder á cultura, e que poidan participar de todas as actividades que ofrece esta cidade”.

Concretamente tanto Aspronaga como a Asociación Proxecto Máscaras únense a este programa no que ademais do Concello e Emalcsa, xa figuran como entes colaboradores diversas asociacións integradas dentro do Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidade (CERMI), ademais de Afundación, Abanca, a Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, Fundación Biblioteca Casa Consulado, Universidade da Coruña ou a Fundación Luis Seoane e o Consorcio da Música. “Cremos que a lista non parará de medrar nas próximas semanas”, explicou o alcalde.

O obxectivo fundamental deste programa é “promover e facilitar na Coruña a participación das persoas con diversidade funcional, especialmente, cando concorren factores asociados de risco de exclusión social e sempre considerando a perspectiva de xénero, na vida cultural e/ou no desenvolvemento da experiencia artística, en igualdade de oportunidades e excluíndo calquera barreira ou impedimento que dea lugar a súa discriminación”. En resume, Cultura Accesible e Inclusiva busca “potenciar un lecer inclusivo, con perspectiva de xénero, que opere tamén como mecanismo de transformación social”.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión