26 de enero de 2025
Ese día celebrarase unha xornada de portas abertas, con acceso gratuíto, para a que será necesario efectuar reserva de entradas. Poderá facerse a partir do mércores 29 de xaneiro na plataforma de ticketing do Concello
O Concello colabora coa Universidade da Coruña na organización da feira, que terá lugar en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 horas
O Concello colabora coa Universidade da Coruña (UDC) na posta en marcha da Feira de Ciencia Isabel Zendal, que o vindeiro sábado 1 de febreiro despregará nas salas do Aquarium Finisterrae catorce talleres divulgativos sobre ciencia, atendidos por profesorado e alumnado da UDC, ofrecendo ao público unha grande oportunidade para descubrir e aprender ciencia participando nunha ampla diversidade de experimentos, xogos e actividades.
Para visitar este día o Aquarium Finisterrae -que celebra xornada de portas abertas con entrada gratuíta-, e participar nos talleres, é necesario efectuar previamente unha reserva de entradas, que poderá realizarse a partir das 9.00 horas do mércores 29 de xaneiro a través da plataforma de ticketing do Concello, habilitada aquí. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan.
As persoas que desenvolverán as actividades estarán caracterizadas como as e os protagonistas da expedición da vacina, da que toma nome esta feira. Isabel Zendal e Francisco de Balmis serán interpretados por Ana González Tizón e Andrés Martínez Lage, mentres que as alumnas e alumnos serán os nenos vacuníferos.
A feira incluirá catorce talleres divulgativos sobre algúns dos grupos animais máis característicos que se poden ver no Aquarium Finisterrae, como peixes, polbos, quenllas e cangrexos, ademais doutros temas sobre saúde e bioloxía:
A Feira está organizada por UDCiencia d+i, un grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, en colaboración co Aquarium Finisterrae. Leva o nome de Isabel Zendal como homenaxe á Real Expedición Filantrópica da Vacina, que partiu do porto da Coruña o 30 de novembro de 1803.

24 de abril de 2026

25 de marzo de 2026

16 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible