28 de abril de 2026
O exemplar, que tan só ten 5 anos e foi cedido polo Oceanogràfic de Valencia, abre a posibilidade de que o grupo poida volver criar
O Aquarium Finisterrae ten un novo hóspede. A chegada da foca Jinzi permitiu rexuvenecer o grupo que habita no recinto e abre a posibilidade de que poidan volver criar. Chega como resultado dun intercambio co Oceanogràfic de Valencia, onde agora viven dúas das focas macho do Aquarium Finisterrae: Fermín (de 17 anos) e Altair (de 23 anos). Jinzi é un macho novo -cumprirá 5 anos en xullo- e xa pesa 80 kg. Desde a súa chegada mostrouse curioso coa súa nova contorna e moi sociable cos seus compañeiros. Fermín e Altair tamén se integraron con normalidade no grupo do Oceanogràfic.
Neste momento, o grupo de focas que alberga o acuario coruñés consta de 2 machos e 8 femias. Trátase de exemplares da especie Phoca vitulina ou foca común, que aínda que non crían aquí poden verse con certa frecuencia nas costas de Galicia. O último nacemento rexistrado no acuario coruñés (Sabela) tivo lugar en xullo de 2009 e a idade media do grupo é bastante elevada para esta especie. De feito, Hansi xa cumpriu 28 anos, cando a idade máxima dos machos destes animais está nos 25 anos.
O estudo xenético das focas da Coruña indica que, ata o de agora, todos os exemplares tiñan unha relación de parentesco próxima, o que desaconsellaba a reprodución debido ao elevado grao de endogamia. A chegada de Jinzi permite renovar a xenética do grupo, abrindo a posibilidade de que volvan criar nas instalacións do Aquarium Finisterrae.

22 de abril de 2026

17 de abril de 2026

13 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible