Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de octubre de 2024

O barrio do Ventorrillo celebra as súas festas a partir deste xoves con catro días de actividades para todos os públicos

Carolina Pan e Francisco Fernández Serrano darán este xoves o pregón duns festexos polos que pasarán, entre outros, as orquestras Los Satélites e Foliada D’Ases

Este xoves, 10 de outubro, comezan as festas populares do barrio do Ventorrillo, onde haberá actividades para todos os públicos ata o domingo. O Goberno de Inés Rey colabora na organización destes festexos co obxectivo de potenciar a dinamización cultural dos diferentes barrios da cidade a través destas celebracións de carácter popular.

O primeiro día estará marcado pola tradicional homenaxe a Pucho Boedo, emblemático cantante e veciño do barrio. Este ano sumarase un recordo a Sito Sedes, sucesor de Boedo na orquestra Los Satélites. Será precisamente esta agrupación a que abrirá o amplo repertorio musical destas festas, que están organizadas pola Asociación de Veciños do Ventorrillo. O pregón será ofrecido pola xornalista e divulgadora Carolina Pan e polo delegado do Básquet Coruña, con vínculos co barrio, Francisco Fernández Serrano. Acompañaraos a concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas.

Durante catro xornadas haberá diferentes actuacións musicais e actividades de todo tipo para todos os públicos. Ademais de Los Satélites, tamén encabezan o cartel das festas Foliada D'Ases ou The Nunzias.

Programación por días

Xoves 10

  • 16.00 - Pasarrúas: Os Viqueiras
  • 19.30 - Ofrenda floral a Pucho Boedo no Centro Cívico da Silva con Xurxo Souto. Recordo a Sito Sedes coa colaboración de Tito Calviño.
  • 20.30 - Pregón a cargo de Carolina Pan López e Francisco Fernández Serrano. A continuación, homenaxe a Pucho Boedo ao carón da súa estatua.
  • 22.00 - Verbena coa orquestra Los Satélites.

Venres 11

  • 21.45 - Entrega de premios aos gañadores do concurso de Debuxo e Redacción
  • 22.00 - Verbena con Foliada D'Ases, Son do Vento e DJ A3060.

Sábado 12

  • 10.00 - Pasarrúas de espadana tradicional
  • 12.00 -Son do Vento: 'Tributo as xeracións Disney' cun espectáculo a cargo da Escola Galega de Teatro Musical.
  • 13.00 - Exhibición de sevillanas co grupo Triana
  • 13.30 - Sesión vermú con Aixa Romay
  • 18.00 - Exposición de armas antigas e exhibición de loita con espada.
  • 18.30 - Actuación de Vento Maneiro
  • 22.00 - Son do Vento: DJ A3060
  • 23.00 - Concerto de The Nunzias
  • 00.30 - Son do Vento: DJ A3060

Domingo 13

  • 12.30 - Son do Vento: Miña Xoia co gaiteiro Manuel Viqueira.S
  • 13.00 - Son do Vento: Revolta Swing e Manu Gómez New Orleans Band.
  • 14.00 - Son do Vento: Dúo Maracaibo.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión