Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de diciembre de 2023

O Castelo de San Antón acollerá o vindeiro sábado 16 unha sesión de divulgación científica coa observación da Lúa en horario nocturno

O Concello colabora coa Agrupación Astronómica Ío nesta iniciativa de interese científico aberta á cidadanía. Facilitaránselle telescopios ás persoas asistentes, que tamén poderán gozar dun coloquio informativo

O Castelo de San Antón abrirá as súas portas o vindeiro sábado 16 a unha noite de observación da Lúa, unha iniciativa divulgativa na que o Concello colabora coa Agrupación Astronómica Ío co obxectivo de convidar a cidadanía a observar e adquirir coñecementos sobre o satélite terrestre.

Desta forma, entre as 19.00 e 22.00 horas, o xardín superior do castelo acollerá unha sesión de observación astronómica na que terá implicación directa o equipo de expertos da Agrupación Astronómica Ío. Será unha actividade aberta á cidadanía, para a que non é preciso formalizar inscrición algunha. Desta forma, e sempre que a meteoroloxía así o permita, todas as persoas que asistan á actividade de observación poderán gozar dunha localización idónea para visualizar o satélite desde unha óptica diferente, vivindo esta experiencia nun enclave onde a contaminación luminosa é sensiblemente menor.

Durante a sesión, as e os profesionais da Agrupación Astronómica Ío facilitaranlle telescopios ás persoas asistentes. Ademais, tamén se impartirá un coloquio científico sobre as diversas fases da Lúa, co obxectivo de ensinar a identificalas.

No caso de que a previsión meteorolóxica de cara ao sábado 16 de decembro non fose favorable, o Concello notificará ao longo da vindeira semana, a través das súas canles oficiais, a nova data alternativa para levar a cabo este evento.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión