16 de julio de 2025
Ademais, hoxe aprobouse o proxecto constructivo do futuro centro de apoio ás actividades arqueolóxicas e didácticas do castro
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe un investimento de 680.000 euros no castro de Elviña, un dos principais enclaves patrimoniais e históricos da Coruña.
A alcaldesa, Inés Rey, anunciou a licitación das obras necesarias para construír o valado perimetral arredor do xacemento, un peche de case quilómetro e medio que tamén axudará a delimitar os futuros puntos de control de acceso e tránsito das persoas visitantes.
En paralelo, aprobouse o proxecto constructivo do novo centro de apoio ás actividades arqueolóxicas e didácticas do castro de Elviña. É o paso previo á licitación das obras, que contan cun orzamento de 330.000 euros.
"O obxectivo é dispor dun equipamento de escala reducida que cumpra a función de apoio ás escavacións arqueolóxicas futuras, tal como se ven realizando nos últimos anos, e ademais, que tamén que sirva como punto de información e recepción de visitantes", explicou a rexedora.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible