Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de marzo de 2024

O CEIP Wenceslao Fernández Flórez, seleccionado para o intercambio escolar con Felgueiras

O proxecto foi escollido entre as seis propostas solicitantes ao programa de intercambio Eixo Atlántico, financiado polo Concello da Coruña

Escolares do CEIP Wenceslao Fernández Flórez realizarán un intercambio con estudantes dun centro educativo da localidade portuguesa de Felgueiras, nunha iniciativa promovida polo Eixo Atlántico e que conta co financiamento do Concello da Coruña. Con este programa, o Goberno de Inés Rey facilita o intercambio entre escolares coruñeses con outros países, promovendo o coñecemento doutras culturas da eurorrexión.

O intercambio de escolares coruñeses realizarase con outro grupo de escolares do municipio portugués de Felgueiras, como grupo seleccionado entre os seis centros educativos que presentaron o seu proxecto á convocatoria (Manuel Murguía, Alborada, Ramón da Sagra, Wenceslao Fernández Flórez e José Cornide).

Para a súa elección, a comisión de valoración tivo en conta aspectos como o grao de innovación, orixinalidade e motivación do proxecto presentado, os recursos dispostos, a viabilidade técnica das propostas de actividades e as experiencias didácticas que promoven a sensibilización sobre a importancia de vivir en municipios integrados no Eixo Atlántico.

O intercambio terá lugar do 22 ao 24 de abril, desprazándose o alumnado de Felgueiras á Coruña; e do 8 ao 10 de maio para a aula 5º B do CEIP Wenceslao Fernández Flórez, que viaxará ao municipio de Felgueiras. Os Concello da Coruña farase cargo de todos os gastos (desprazamentos, aloxamento e comidas, seguros de viaxe e de responsabilidade civil e acompañamento) e do apoio na organización de vistas e itinerarios polas súas respectivas cidades.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión