5 de noviembre de 2025
As sesións celebraranse os días 6, 11, 12 e 19 de novembro na Casa Museo Casares Quiroga
O Palacio Municipal de María Pita acolleu este mércores a presentación do ciclo de conferencias "Castelao e o seu tempo", unha proposta de reflexión arredor da figura, o pensamento e o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, coincidindo co 75 aniversario do seu falecemento en Bos Aires.
A iniciativa está organizada pola Fundación Castelao e polo Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, coa cofinanciación do Concello da Coruña e da propia Fundación, e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística autonómica, o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega.
As xornadas celebraranse os días 6, 11, 12 e 19 de novembro na Casa Museo Casares Quiroga, e abordarán cuestións como a construción da nación, a democracia e a república, o exilio e a memoria, e a modernidade e o cambio cultural no primeiro terzo do século XX.
O concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, destacou que o ciclo "representa unha oportunidade para que a cidade da Coruña honre a Castelao coa altura intelectual e institucional que merece, reafirmando o seu papel como capital cultural galega comprometida coa memoria, a arte e o pensamento".
Durante a presentación, Emilio Grandío Seoane, presidente do Instituto José Cornide e coordinador das xornadas; Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao; e Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística autonómica, coincidiron en destacar a relevancia desta iniciativa e o papel da Coruña na difusión do pensamento galeguista.
Grandío explicou que o ciclo "pretende ofrecer unha relectura plural de Castelao desde diferentes xeracións e perspectivas", mentres que Seixas destacou "a fonda pegada que A Coruña deixou na vida e na obra de Castelao, unha cidade esencial para entender o seu percorrido vital e intelectual". García, pola súa banda, puxo en valor "a colaboración institucional e a calidade da programación cultural do Concello, que sitúa a cidade como referente dentro do Ano Castelao 2025".
O ciclo enmárcase nunha programación cultural que continúa a consolidar o liderado da Coruña como cidade de pensamento e creación, e reflicte o compromiso do Goberno de Inés Rey por apoiar proxectos que promoven a reflexión crítica, a cultura galega e a memoria compartida.

24 de enero de 2026

13 de diciembre de 2025

12 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible