16 de septiembre de 2025
O Fórum Metropolitano acollerá catro proxeccións de balde con coloquios con especialistas en dereito, xornalismo, cooperación e activismo
O Concello da Coruña e a ONG coruñesa AIRE organizan a sétima edición do ciclo de cine 'Os ollos abertos', que terá lugar no Fórum Metropolitano entre este mércores 17 e o sábado 20 (con inicio ás 19.00 horas na Sala Marilyn Monroe), con catro sesións de balde ata completar capacidade. "Desde o Goberno de Inés Rey buscamos que a cidadanía poida acceder a ciclos e eventos culturais que supoñan un estímulo polo seu contido, como é o caso, ofrecendo longametraxes de cinema social e interesantes coloquios arredor da cuestión que nos relatan os diferentes autores", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Este ano o ciclo porá o foco na migración e a lexislación que a regula, abordando como a burocracia, as leis, normativas e políticas impactan na vida das persoas migrantes. A través de catro proxeccións de gran calidade artística e cinematográfica, búscase sensibilizar á cidadanía sobre unha realidade que segue marcando o presente.
Como é habitual nos diferentes ciclos de cine que organiza o Concello, cada proxección irá acompañada dun coloquio. Neste caso, haberá especialistas en dereito, xornalismo, cooperación e activismo, que aportarán contexto e abrirán debate co público asistente sobre o tema central de cada película.
AIRE é unha ONG independente con sede na Coruña que ofrece axuda humanitaria en situacións de emerxencia e desenvolve proxectos de cooperación internacional. Con iniciativas de sensibilización como este ciclo de cinema, busca diminuír o sufrimento das persoas en situación de vulnerabilidade, con especial atención a mulleres e menores.
Programación

21 de noviembre de 2025

9 de noviembre de 2025

3 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible