Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

24 de febrero de 2024

O ciclo Poetas Di(n)versos amosa este luns a modernidade da última poesía en galego e castelán

Unha das voces galegas máis novas e heterodoxas, Adrián Maceda, únese á valenciana Berta García Faet, Premio Nacional de Poesía Nova

Este luns, 26 de febreiro, volve o ciclo de poesía Poetas Di(n)versos, organizado pola Concellaría da Área de Fomento e Promoción da Cidade do Concello da Coruña, cunha nova sesión que porá en diálogo a lírica galega coa castelá, nun recital protagonizado por poetas referentes da literatura máis nova.

O 26, de febreiro, ás 20.00 horas no auditorio do Ágora, a Premio Nacional de Poesía, Yolanda Castaño, presentará e dará voz á poesía máis moza dentro do ciclo Poetas Di(n)versos. Nesta ocasión estarán presentes o poeta Adrián Maceda (O Saviñao, 1997), unha das voces máis novas do panorama literario galego, gañador do XIII Premio de Poesía Antonio Gala de Alhaurín e segundo e terceiro nos premios XXII Premio de Poesía Díaz Jácome e XXI Premio de Poesía Díaz Jácome respectivamente. Destacan na súa traxectoria os poemarios Índice, A trasnoite ou Anil límite.

Canda el estará a poeta valenciana Berta García Faet (1988), multipremiada autora por títulos como Los salmos fosforitos (Premio Nacional de Poesía Nova Miguel Hernández do Ministerio de Cultura), Manojo de abominaciones (Premio de poesía Ana del Valle) ou Introducción a todo (Premio de Poesía Nova Pablo Baena). Mais tamén destaca a súa obra ensaística con El arte de encender las palabras e o seu labor de tradución da obra da autora Blanca Llum Vidal.

Esta será a segunda sesión de Poetas Di(n)versos no que vai de ano. Desta forma, o Goberno de Inés Rey dá continuidade a unha programación cultural na que xa estiveron presentes poetas de grande envergadura literaria e que agarda, no mes de marzo, a Rolando Kattan desde Honduras e Abraham Pérez, desde Lugo, que se darán cita o 25 de marzo tamén no auditorio do Ágora.

A entrada para asistir ao recital é de balde ata completar a capacidade do recinto.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión