7 de octubre de 2023
A Real Academia Galega de Belas Artes outorgou hoxe á coral o premio Marcial del Adalid, na modalidade da Medalla de Ouro
O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, asistiu esta mañá ao acto de entrega do premio Marcial del Adalid, na modalidade da Medalla de Ouro, á Coral Polifónica Follas Novas da Coruña, unha iniciativa promovida pola Real Academia Galega de Belas Artes co apoio do Concello.
A cerimonia celebrouse hoxe ao mediodía na igrexa conventual das Capuchinas, na rúa Panadeiras, onde Follas Novas pasou a integrar a listaxe de entidades homenaxeadas pola Real Academia nuns galardóns que se instituíron ao ano 1949. A este respecto, Gonzalo Castro louvou "o percorrido e tradición da Coral Polifónica Follas Novas", nacida como Follas Novas a inicios dos anos 30 e que continuou a súa andadura no ano 1944 xa baixo a súa denominación actual. "É unha das agrupacións corais con máis historia da cidade", lembrou o concelleiro.
No acto participaron Manuel Quintana, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Felipe Senén López, secretario da Real Academia, Juan Durán, académico numerario na sección de Música da Real Academia, e Fernando Sandino, presidenta da Coral Polifónica Follas Novas.
O acto finalizou cunha actuación da propia Coral Polifónica Follas Novas, dirixida por Fernando Vázquez Arias e con Anna Mirzoyan, subdirectora da agrupación, ao piano. Interpretaron tres piezas: 'La escala', de Pascual Veiga, 'Velaí vai', de Francisco Rey Riveiro, e 'Xa non sei cantar', de Santiago Pérez Bernal.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible