Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

20 de julio de 2026

O concelleiro Jesús Celemín incorpórase ao Goberno local como responsable de Infraestruturas

A alcaldesa, Inés Rey, deulle a benvida ao edil, que xa formou parte da Corporación municipal no pasado mandato, cando estivo á fronte de distintas áreas

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá o pleno de toma de posesión de Jesús Javier Celemín Santos, concelleiro que se incorpora ao Goberno municipal para asumir a área de Infraestruturas.

O nomeamento de Celemín supón o seu regreso ao executivo local. No pasado mandato, dirixiu áreas como Educación, Cultura, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego.

Agora, tras a chegada de Celemín, que pilotará a concellaría de Infraestruturas, o Goberno local aproveitará para reorganizar as competencias coa asignación da área de Mobilidade -anteriormente ligada á concellaría de Infraestruturas- á concellaría de Seguridade Cidadá e Interior, con Montse Paz á fronte.

Inés Rey deulle a benvida ao edil na súa volta á Corporación municipal, subliñando o seu compromiso permanente coa cidade e co Concello. "Celemín é sinónimo de implicación, capacidade de traballo e diálogo. E chega coa vontade de seguir axudándonos a que A Coruña avance nun momento crucial para o seu desenvolvemento e transformación", dixo a rexedora.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión