Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de mayo de 2026

O Concello abre a primeira pista multideporte da Urbanización Breogán e habilita a nova beirarrúa que conecta Feáns co cemiterio municipal

A alcaldesa, Inés Rey, visitou hoxe os dous núcleos residenciais, que suman melloras previstas ao abeiro do Plan de Barrios 2025-27

O Concello avanza coa folla de ruta do Plan de Barrios 2025-27, que suma tres novas actuacións executadas entre a Urbanización Breogán e o núcleo poboacional de Feáns, cun investimento conxunto de 1,2 millóns de euros.

No caso da Urbanización Breogán, hoxe abriuse a primeira pista multideporte do núcleo residencial, un equipamento público ao aire libre que supuxo un investimento de 270.000 euros. A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta mañá a nova instalación, construída sobre unha parcela municipal na rúa Antonio Casares Rodríguez, e que permite a práctica de diversas disciplinas deportivas, como baloncesto, fútbol e voleibol. Ademais, conta cun peche perimetral de seguridade e un moderno sistema de iluminación. A alcaldesa estivo acompañada pola concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz. 

"Estamos comprometidos coa cidadanía da Coruña e sempre abertos a estudar e escoitar todas as demandas e necesidades existentes en cada distrito", apuntou Rey, que agradeceu a paciencia, comprensión e espírito de colaboración das veciñas e veciños de Urbanización Breogán ao longo destes meses de traballos para habilitar esta nova superficie de xogos.

Máis e mellores equipamentos deportivos nos barrios da Coruña

A configuración da pista multideporte da Urbanización Breogán é moi semellante á xa habilitada o pasado verán no barrio dos Rosales, habilitada a carón da estrada dos Fortes. Inés Rey fixo fincapé na importancia de que todos os distritos da Coruña conten con instalacións deste tipo "para que as políticas de promoción dos hábitos de vida saudables sexan efectivas no conxunto da cidade e cheguen a toda a poboación".

Esta filosofía foi a que tamén abriu camiño á creación da cancha deportiva ao aire libre aberta o ano pasado a carón do centro cívico da Silva, onde tampouco existían equipamentos desta índole.

As actuacións de mellora no núcleo, visibles tamén na rede de saneamento

En paralelo á apertura da pista multideporte da Urbanización Breogán, o Goberno municipal tamén concretou as melloras de saneamento plantexadas nas infraestruturas das rúas Vicente Vázquez Queipo e Isidro Parga Pondal, onde se construíu unha rede separativa de pluviais para mellorar a recollida de augas en orixe.

Esta intervención, cofinanciada con fondos do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña, supuxo un investimento de 219.000 euros.

Feáns estrea un novo treito de beirarrúas conectado ao cemiterio

Ademais, hoxe tamén se recepcionaron as últimas actuacións executadas polo Concello en Feáns, onde xa se completou a construción da nova beirarrúa que conecta o núcleo poboacional de Feáns coa contorna do cemiterio.

Esta intervención permitiu mellorar a accesibilidade e reforzar a seguridade viaria no percorrido, que antes só se podía transitar a pé indo polo arcén, co risco que isto entrañaba. "Agora, damos solución a esta demanda coa creación dun novo percorrido peonil, ben delimitado", indicou a alcaldesa.

Os traballos, contextualizados tamén no Plan de Barrios que impulsa o Concello, supuxeron un investimento de 721.000 euros.

También te puede interesar

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión