Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de enero de 2022

O Concello abre este luns o prazo de preinscrición para os novos obradoiros do Programa de Lecer de Primavera no Ágora e no Fórum

A publicación das listaxes de prazas adxudicadas e das listaxes de agarda levarase a cabo o martes 18 de xaneiro, ás 9.00 horas, na páxina web municipal e a do servizo de Cultura

O Concello da Coruña, a través do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), abrirá este luns, 10 de xaneiro, o prazo de preinscrición para os obradoiros da nova tempada de primavera do Programa de Lecer que se leva a cabo entre o Fórum Metropolitano e o Centro Sociocultural Ágora.

Os módulos ofertados no Programa de Lecer, retomado durante o outono pasado garantindo a máxima seguridade sanitaria para as usuarias e usuarios participantes, concretáronse en 41 obradoiros no Fórum Metropolitano, con 972 prazas, así como outros 57 obradoiros no Ágora, con 985 prazas. Nesta nova convocatoria, a de primavera, poñeranse en marcha 12 obradoiros máis que na edición de outono, aínda que cun número menor de prazas, debido á convocatoria de novos obradoiros de menor ratio.

O prazo de preinscrición nos novos obradoiros comezará este luns, 10 de xaneiro (9.00 horas), e rematará o mércores, 12 de xaneiro (20.00 horas). O rexistro de solicitudes farase de forma telemática, a través da páxina web www.coruna.gal/cultura. Cada usuaria ou usuario interesado poderá inscribirse nun máximo de dous obradoiros.

A publicación das listaxes de preinscrición levarase a cabo o xoves, 13 de xaneiro, ás 9.00 horas, na páxina web do Concello da Coruña (www.coruna.gal), na do servizo de Cultura (www.coruna.gal/cultura) e tamén poderá consultarse a través do servizo telefónico 010. Abrirase, entre os días 13 e 14 de xaneiro, a través do correo electrónico forumagora@serviplus.org, o prazo de reclamacións sobre as listaxes de preinscrición.

O sorteo público das prazas executarase o luns 17 de xaneiro, ás 10.00 horas, nas conserxerías do Fórum Metropolitano e o Centro Sociocultural Ágora. Será un día despois, o martes 18 de xaneiro, ás 9.00 horas, cando se publiquen as listaxes de prazas adxudicadas e de agarda, que se poderán consultar na páxina web municipal, a do servizo de Cultura e a través do servizo telefónico 010.

Os obradoiros da tempada de primavera do Programa de Lecer darán comezo o luns 31 de xaneiro e rematarán o sábado 28 de maio, no día e hora que lle correspondan a cada obradoiro. Os módulos só se porán en marcha cun mínimo de 10 participantes.

Os obradoiros, do teatro ás novas tecnoloxías, con oferta específica para maiores de 70 anos e tamén para nenos e adolescentes

Os módulos ofertados polo Concello da Coruña a través do Programa de Lecer contemplan, tanto nos obradoiros de continuidade como os novos, iniciativas variadas ideadas para dar resposta á necesidade das coruñesas e coruñesas de gozar do tempo libre, con actividades de carácter cultural que fomenten a participación activa e o contacto con outras persoas afíns en afeccións e gustos.

Entre os novos cursos dispoñibles hai obradoiros de historia e fotografía, literatura (textos creativos e escritoterapia), novas tecnoloxías (iniciación ao Pixelart), debuxo, cociña e tamén oferta específica para maiores de 70 anos, así como para nenos e adolescentes.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión