Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

20 de agosto de 2026

O Concello abre este venres na súa totalidade a pasarela peonil entre estacións sobre Alfonso Molina tras completar a súa reforma integral

A partir das 9.00 horas quedarán habilitadas as dúas ramplas que permanecían pechadas, completando así a reapertura da estrutura tras a súa renovación integral

O Concello abrirá este venres 21 de agosto, a partir das 9.00 horas, a totalidade da pasarela peonil entre estacións que sobrevoa a avenida de Alfonso Molina. Desde ese momento quedarán habilitadas as dúas ramplas que permanecían pechadas, completando así a reapertura da estrutura tras os traballos de renovación integral executados nos últimos meses.

A apertura dos dous ramais pon fin ao proceso de recuperación desta infraestrutura, un percorrido clave para a mobilidade peonil entre a estación de autobuses e a intermodal, así como para as conexións a pé entre os barrios de Catro Camiños e Os Mallos.

A pasarela orixinal reabriu parcialmente a comezos de xuño, cando se habilitou o ramal que baixa en dirección á parada de autobús 344, ao pé da avenida. Desde entón, os traballos continuaron nos outros dous accesos co obxectivo de completar a actuación e recuperar plenamente a funcionalidade da estrutura.

O concelleiro de Infraestruturas, Jesús Celemín, destacou a importancia de culminar a renovación dunha infraestrutura pola que pasan milleiros de persoas a diario e que permite salvar a avenida de Alfonso Molina nun punto estratéxico para os desprazamentos a pé entre Catro Camiños e Os Mallos e, especialmente, entre as dúas estacións.

A renovación da pasarela supón un investimento municipal de case un millón de euros e permitiu sanear e mellorar a estrutura, reforzar a seguridade peonil ao longo do percorrido e mellorar a súa accesibilidade con respecto á configuración anterior.

A intervención desenvolveuse por fases para garantir en todo momento a conexión peonil entre ambos os lados de Alfonso Molina. Para iso, o Concello instalou inicialmente unha pasarela provisional que permitiu manter o tránsito a pé mentres a estrutura orixinal era retirada e trasladada a taller para a súa renovación. Unha vez reposta e aberta parcialmente, procedeuse á retirada da infraestrutura provisional e continuaron os traballos nos dous ramais restantes.

Tras a apertura completa da pasarela, restarán unicamente os últimos traballos de acondicionamento na contorna e as actuacións de xardinaría previstas, que se executarán nas vindeiras semanas para completar definitivamente a intervención.

"Coa apertura das dúas ramplas completamos unha actuación moi necesaria nun punto clave para a mobilidade peonil da cidade, permitindo que desde este venres a cidadanía poida volver utilizar a pasarela na súa totalidade, cunha estrutura renovada, máis segura e accesible", sinalou Celemín.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión