Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de febrero de 2026

O Concello abre o 2 de marzo o prazo de inscrición para os cursos municipais de golf do segundo trimestre

A programación desenvolverase entre abril e xuño no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules e ofrece 136 prazas para todas as idades

O Concello abrirá o vindeiro 2 de marzo ás 08.00 horas o prazo de presentación de solicitudes para participar nos cursos municipais de iniciación ao golf correspondentes ao segundo trimestre de 2026 (abril, maio e xuño), que se impartirán no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules.

O período de inscrición permanecerá aberto ata o 8 de marzo ás 23.59 horas, ambos incluídos, tal e como recolle o Anexo II da convocatoria .

Nesta quenda ofértanse 136 prazas, distribuídas en grupos de oito persoas e organizadas por franxas de idade: infantil (6-11 anos), xuvenil (12-16 anos) e adultos (a partir de 17 anos), segundo as bases reguladoras do programa .

As listaxes provisionais de persoas solicitantes publicaranse o 10 de marzo, abríndose posteriormente un prazo de emenda de erros ata o día 12 de marzo. A listaxe definitiva darase a coñecer o 13 de marzo e, no caso de que a demanda supere o número de prazas dispoñibles, celebrarase un sorteo público o 16 de marzo ás 09.00 horas. As listaxes de adxudicación publicaranse o 18 de marzo .

A formalización da matrícula realizarase no propio Campo Municipal de Golf Torre de Hércules entre os días 20 e 26 de marzo, quedando os días 27 ao 30 para a xestión da listaxe de agarda.

As taxas establecidas segundo a ordenanza fiscal vixente son as seguintes:

  • Adultos: 49,67 euros

  • Infantil e xuvenil: 29,81 euros

Os cursos darán comezo na primeira quincena de abril, en función da frecuencia elixida (luns-xoves, martes-venres ou sábados-domingos), e estenderanse ata mediados de xuño .

A inscrición deberá realizarse exclusivamente a través do formulario habilitado na páxina web municipal www.coruna.gal/deportes, onde tamén se publicará toda a información relativa ao proceso.

Con esta iniciativa, o Goberno de Inés Rey continúa a impulsar a práctica deportiva entre a cidadanía, promovendo hábitos saudables e facilitando o acceso ao deporte en instalacións municipais de referencia como o Campo de Golf Torre de Hércules.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión