17 de septiembre de 2018
A iniciativa forma parte das actividades do Centenario Picadillo. Os establecementos de hostalería que queiran participar na proposta, que rende homenaxe á obra 36 maneras de guisar el bacalao, deberán enviar a súa solicitude antes do 1 de outubro ás 14.00 horas
O Consorcio de Turismo e Congresos vén de abrir o prazo de inscrición para participar nas Xornadas Gastronómicas do Bacallau, que terán lugar do 1 ao 18 de novembro na Coruña. A iniciativa, aberta a locais de hostalería da cidade, convócase no marco de actividades que o ente está a desenvolver co gallo do centenario da morte de Manuel María Puga y Parga, Picadillo, e ten como obxectivo render homenaxe á obra 36 maneras de guisar el bacalao. Na cita, que se engade ao calendario gastronómico coruñés, poderanse saborear propostas que elaborarán diferentes establecementos da cidade con menús a prezos especiais, así como participar nos percorridos guiados con showcooking e degustación incluídos.
Nas Xornadas do Bacallau poderán participar até un máximo de 20 establecementos de hostalaría da cidade que, tanto pola súa traxectoria profesional como pola proposta gastronómica, encaixen na temática. Os locais poderán elixir entre dúas modalidades de participación, sendo estas menú ou medio menú, presentando tanto iniciativas tradicionais como vangardistas. O prezo do menú, composto por un primeiro e un prato principal cuxo ingrediente principal sexa o bacallau, ademais dunha sobremesa e bebida; estará comprendido entre os 10 e os 30 euros. Pola súa banda, o prezo do medio menú, formado tamén por un prato composto polo mesmo produto como principal ingrediente, ademais dunha bebida, estará comprendido entre os 7 e os 15 euros.
Todos os establecementos interesados en formar parte das xornadas deberán enviar as súas solicitudes ao correo electrónico centenariopicadillo@gmail.com. O prazo para achegar a información finalizará o 1 de outubro ás 14.00 horas.

18 de diciembre de 2025

9 de diciembre de 2025

26 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible