Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de febrero de 2026

O Concello abre o prazo de solicitude para optar ás axudas do plan de apoio ás entidades musicais da cidade, dotado con 250.000 euros

O Goberno de Inés Rey reforza o seu apoio ás asociacións e entidades que representan a cultura tradicional e popular

O Concello da Coruña vén de abrir a convocatoria do Plan de apoio ás entidades musicais locais de cara a este ano 2026. As bases xa poden ser consultadas na páxina web municipal e a contía destinada ás entidades é de 250.000 euros.

"A nosa alcaldesa, Inés Rey, quere apoiar e impulsar ás asociacións que representan a cultura tradicional e popular, que son unha peza fundamental da programación da cidade", indicou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. O plan busca contribuír á difusión da oferta musical das entidades sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade cultural na cidade, cun grao de implementación social representativo e cunha formulación musical e de baile.

"As asociacións que visibilizan a cultura tradicional da Coruña son fundamentais á hora de trazar a nosa identidade. Por iso, o noso obxectivo é poñelas en valor e fomentar a súa presenza na programación anual de eventos culturais na cidade, cunha perspectiva de continuidade", expuxo Castro. Neste sentido, o concelleiro puxo como exemplo a Romaría de Santa Margarida, que se organiza cada ano durante o mes de agosto, ao abeiro das Festas de María Pita.

A este respecto, a dotación prevista polo Concello de cara á convocatoria de axudas deste ano é de 250.000 euros. O prazo para presentar as solicitudes xa está aberto e haberá un total de quince días naturais para que as asociacións e entidades interesadas presenten a súa documentación.

As solicitudes poderán presentarse, preferentemente, por vía telemática. Será a través da sede electrónica, dirixindo a solicitude ao Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE). Admitiranse tamén solicitudes presenciais no Rexistro administrativo do IMCE (avenida da Marina, 18), previa cita no teléfono 981 184 233.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión