Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de diciembre de 2023

Habilitaranse dous accesos principais á zona de xogo, situados no sector norte da rúa Cernadas

O Concello abrirá este martes 19 o novo parque infantil do barrio de Xuxán, que contará con xogos adaptados á rapazada con mobilidade reducida

Na contorna da gran praza central disporase un valado perimetral que acoutará, polo momento, as áreas de lecer, mentres avanzan as obras de conexión con Matogrande

O Concello da Coruña abrirá este martes 19 o novo parque infantil de Xuxán, unha das principais infraestruturas construídas ao abeiro das obras de urbanización que se están a ultimar no barrio.

O parque infantil, habilitado na gran praza central lindeira á rúa Cernadas, ten unha superficie de 650 metros cadrados. Na disposición das cores do pavimento da área de xogos, feito a base de caucho, "seguíronse as recomendacións da Fundación ENKI co obxectivo de lles axudar ás crianzas a desenvolver habilidades cognitivas e sensoriais cunha perspectiva inclusiva", subliñou a alcaldesa, Inés Rey.

A este respecto, as nenas e nenos poderán gozar no parque infantil cun amplo abano de xogos, distribuídos en dúas áreas diferenciadas por idades. As principais atraccións son un tobogán de seis metros de alto e unha tirolesa de vinte metros. Ademais, incluíronse diversos bambáns, pasarelas, carruseis e balancíns.

Entre os novos xogos instalados, cómpre destacar os que están adaptados a menores con mobilidade reducida. Por exemplo, un carrusel integrador con capacidade para cinco persoas usuarias; así como un tractor con túnel e tobogán e un asento integradores, ambos adecuados para nenas e nenos con dificultades de visión ou motricidade.

Garantir melloras en termos de accesibilidade, adaptabilidade e inclusión é unha das premisas marcadas polo Goberno municipal para avanzar no Plan integral de mellora dos parques infantís, que no último ano abriu camiño á creación de novas prazas adaptadas en áreas de xogos de barrios como Elviña, Os Rosales e Vioño, entre outros.

Esta semana remataron os traballos para colocar o novo mobiliario urbano na praza

Na contorna do parque, e ao ancho e longo da explanada da praza, dispuxéronse, ademais, diversas áreas de lecer, con tres pérgolas de distinto tamaño. Tamén se plantaron árbores e arbustos, reverdecendo así este novo espazo público do barrio. Neste sentido, a mediados do mes de novembro remataron os traballos correspondentes á xardinaxe e pavimentado, así como as actuacións asociadas á posta en servizo da iluminación pública. E, xa esta semana, ultimouse a colocación do novo mobiliario urbano, o que permitiu completar esta intervención para deixar a praza xa operativa para as veciñas e os veciños.

Desta forma, tal e como se comprometeu a mediados de novembro, o Goberno de Inés Rey pon a disposición da cidadanía a nova praza central de Xuxán nas datas previas ao Nadal.

Habilitaranse dous accesos ao parque infantil

Na contorna da gran praza central de Xuxán, onde se sitúa o parque infantil, continúan diversos remates das obras de urbanización, polo que o Concello delimitou un valado perimetral que acoutará, polo momento, a zona de lecer e goce que estará a disposición das veciñas e veciños na praza.

O perímetro habilitado actualmente -disposto co obxectivo de reforzar a seguridade das persoas usuarias da praza e do parque- irase ampliando de forma progresiva a medida que avancen os traballos que afectan, por exemplo, á construción das novas conexións entre Xuxán e Matogrande, que avanzan este días con vistas á súa conclusión a inicios de 2024.

Neste sentido, e atendendo ao caso concreto do parque infantil, está previsto que se habiliten dous accesos principais. Estarán localizados no sector norte da rúa Cernadas, bordeando o bloque de vivendas xa existente na entrada á gran praza central.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión