24 de enero de 2026
A exposición recibirá a visita de 385 alumnos de 10 centros de dentro e fóra da cidade entre os días 26 e 30 de xaneiro
O Concello realizará entre o luns 26 e o xoves 30 de xaneiro o programa divulgativo para escolares "Converxencias, arte e ciencia", desenvolto pola Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) e o Servizo de Educación. Nesta edición, o programa inclúe unha exposición sobre a figura de Juan Gris, que se exhibirá no Ágora.
A actividade "Converxencias, arte e ciencia: Juan Gris", enmárcase dentro das actividades programadas polo Goberno de Inés Rey para difundir a ciencia e a cultura científica na sociedade. Unha forma de mostrar a través da práctica as sinerxías e os vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.
Para iso programáronse visitas de escolares, cuxos centros se inscribiron previamente. Serán 409 as/os participantes destas visitas, das/os que 385 son estudantes de ESO e bacharelato, mentres que as 24 restantes persoas son profesores/as. Os centros participantes son IES Salvador de Madariaga, IES Eusebio da Guarda, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís, IES Elviña e FP CFP Cesuga, da Coruña; e IES Ollos Grandes, de Lugo; IES de Carral, IES Manuel Murguía, de Arteixo; e IES Miraflores, de Oleiros.
Para eles, e en horario de mañá, desenvolveranse talleres que teñen como obxectivo ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento o compoñente didáctico e divulgativo para achegarse ao público xeral e, especialmente, á mocidade.
Na exposición preténdese explorar esa interacción dinámica das conexións entre a arte e a ciencia, para establecer visións integradas e integradoras. Para iso farase unha presentación animada sobre o uso das matemáticas no método compositivo e o uso da cor por Juan Gris, á vez que se seleccionaron obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo, de tal maneira que se aborda desde a arte celta ata os movementos artísticos dos últimos séculos, para terminar con obras de arte dixital 3D, de Manuel Díaz Regueiro, seleccionadas e expostas en 15 congresos internacionais de arte e matemáticas.
"A arte e a ciencia están moito menos lonxe do que a miúdo se pensa. É importante achegarlles estas ideas aos rapaces e rapazas. Desde o Goberno de Inés Rey sempre imos ter ese compromiso. O compromiso co coñecemento e a formación das xeracións futuras.", subliñou Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica.

21 de enero de 2026

17 de enero de 2026

11 de enero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible