Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de julio de 2026

O Concello acomete melloras de mobilidade na Cidade Vella, coa reordenación da circulación entre a Mestranza e a avenida do Metrosidero

As tarefas de sinalización comezaron a inicios de semana, aproveitando o plan de actuacións e repintado das áreas de estacionamento

O Concello avanza co plan de actuacións de mellora previsto na Cidade Vella, onde a inicios desta semana comezaron as tarefas para reordenar a circulación entre a Mestranza e a avenida do Metrosidero, unha medida consensuada previamente coa veciñanza dos bloques residenciais da contorna.

A medida máis destacada será a modificación do tránsito no carril que conecta a avenida do Metrosidero coa rúa da Mestranza, que bordea a Residencia Militar Atocha-Mestranza e actualmente está configurada en sentido de incorporación á rúa Mestranza.

Agora, pasará a estar disposta á inversa: con incorporación desde a rúa Mestranza en dirección á avenida do Metrosidero, facilitando así as maniobras dos vehículos á hora de buscar estacionamento nesta parte do barrio, mais contribuíndo tamén á redución do tránsito na rúa Campo da Estrada, que desemboca nunha praza coa circulación habilitada a velocidade reducida, mais cunha clara preferencia peonil. De aí que esta actuación tamén se formulase como unha opción para propiciar o reforzo da seguridade viaria na praza.

Os traballos correspondentes á sinalización deste cambio de sentido lévanse a cabo en paralelo ao repintado das prazas de estacionamento para persoas residentes, que tamén se está a executar estes días, dando continuidade ao plan progresivo de actuacións de sinalización horizontal que se está a abordar desde hai semanas na cidade antes da Cidade Vella, en barrios como Monte Alto.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión