1 de julio de 2026
Todas as prazas da rede municipal son gratuítas para as familias. A nova escola infantil de Monte Alto súmase á oferta municipal
O Concello publicou onte a listaxe definitiva de admitidos e admitidas nas Escolas Infantís Municipais (EIM), con 308 prazas adxudicadas, do total de vacantes, que ascende este ano a 412 (120 para o curso de 0-1 anos, 134 para o curso de 1-2 anos e 158 para o curso 2-3 anos).
"A rede de Escolas Municipais Infantís está a beneficiarse dun moi necesario impulso grazas á acción decidida do Goberno de Inés Rey, aumentando as prazas dispoñibles e mellorando as instalacións, como é o caso da escola de Monte Alto, que abrirá as súas portas en setembro para o curso que vén cunhas intalacións novas e modernizadas", apuntou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego.
As familias admitidas no seu centro de preferencia poderán completar a matrícula a partir de hoxe, 1 de xullo, e ata o próximo día 10. Aos solicitantes que quedaron en listaxe de agarda por non houber prazas dispoñibles na escola pedida, se lles poderá ofrecer, ao finalizar o prazo de primeiras matriculacións, vacantes noutros centros da rede municipal. En casos excepcionais e debidamente xustificados, permitirase presentar solicitudes fóra do prazo estipulado.
"Cabe lembrar que este ano, de novo, as Escolas Municipais Infantís serán totalmente gratuítas paras as familias, grazas á modificación da ordenanza impulsada por Inés Rey no pasado mandato, que fixo realidade o acceso verdaderamente universal a un servizo público fundamental, sendo ademais o Concello pioneiro en Galicia en facelo", engadiu Juan Ignacio Borrego.
Lista de agarda única
A principal novidade das bases de admisión nas EIM deste ano é a supresión das convocatorias extraordinarias. A partir deste curso, o Concello xestionará ata finais de ano unha listaxe de agarda única para o conxunto da rede das EIM, o que facilitará a oferta de prazas nas escolas a medida que queden dispoñibles e axilizará así o acceso directo ás familias demandantes, sempre que haxa vacantes nalgunha das oito escolas. Isto supón un cambio substancial na forma de proceder neste sentido, xa que, ata agora, a listaxe de agarda era por escola infantil.
Ademais, no caso de circunstancias excepcionais que xurdan durante o curso escolar, coma un traslado á cidade da Coruña pola metade do curso ou outras circunstancias debidamente xustificadas, poderase obter praza nunha escola infantil se existe vacante e non hai listaxe de agarda. Isto, sen necesidade de que se realice unha convocatoria extraordinaria ou sen que se participase na ordinaria.
O Concello xestiona, a través das respectivas empresas concesionarias, oito escolas infantís: Arela (Elviña), Carricanta (O Castrillón), Os Cativos (Palavea), Agra do Orzán, Os Rosales, A Caracola (Novo Mesoiro), a Luís Seoane e a EIM de Monte Alto.

22 de agosto de 2026

14 de agosto de 2026

28 de julio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible