Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xullo de 2026

O Concello adxudica as obras de reurbanización da avenida do Ferrocarril, que permitirán avanzar nas melloras previstas na contorna da intermodal

O investimento na intervención será de 1,4 millóns, cofinanciado con fondos FEDER 2021-2027

O Concello avanza co plan de melloras previsto na contorna da estación intermodal, que continúa pola avenida do Ferrocarril coa adxudicación das obras de reurbanización que se levarán a cabo entre a rolda de Outeiro e a rúa Xeneral Rubín, cofinanciadas con fondos FEDER 2021-2027.

A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe de que os traballos suporán un investimento de 1,4 millóns de euros e serán executados pola empresa Canarga, que presentou a oferta mellor valorada pola Mesa de Contratación, que tivo en conta factores como a redución do prazo estimado para completar as obras (dous meses menos) e o incremento en 12 meses do prazo de garantía das mesmas.

Este mércores, a Xunta de Goberno Local aprobou os trámites que abren camiño á próxima posta en marcha desta intervención, incluída no Plan de Acción Integrado (PAI) para conectar a Rolda dos Barrios, ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local (EDIL) da Coruña.

A previsión dos servizos municipais é que, desde a posta en marcha das obras, a reurbanización da avenida do Ferrocarril se complete en oito meses, sendo unha actuación clave para profundar na remodelación das rúas que arrodean a intermodal, unha folla de ruta xa visible en puntos como a avenida da Sardiñeira -renovada con fondos Next Generation- e no novo vial que conecta coa avenida de Arteixo pola Agra dos Mallos.

"A nova estación intermodal mellorará os servizos de transporte e, ademais, terá un impacto moi positivo no conxunto da zona, tanto en termos socioeconómicos como de mobilidade. Entendemos que é fundamental que a creación da intermodal contribúa a transformar os barrios lindeiros, a mellorar os espazos públicos da Sardiñeira, Os Mallos e Lonzas. E esa é a liña de acción na que estamos a traballar, co obxectivo de que a avenida do Ferrocarril gañe accesibilidade, máis calidade urbana e máis seguridade viaria no seu conxunto", indicou Rey.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión