Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de julio de 2026

O Concello adxudica as obras do espazo lúdico-deportivo do parque Adolfo Suárez

Destinaranse 340.000 euros á adaptación desta superficie, que contará cunha pista multideporte e múltiples atraccións para a mocidade

O Concello avanza co plan de reforzo dos equipamentos públicos no parque Adolfo Suárez, onde está previsto habilitar un novo espazo lúdico e deportivo que ampliará a oferta de ocio e lecer existente nesta área verde.

Os traballos, adxudicados a semana pasada á empresa Citanias, suporán un investimento de máis de 340.000 euros, que permitirá dar un pulo importante ao parque con respecto á superficie de xogo dispoñible actualmente, que inclúe unha pequena área infantil e un biosaudable con materiais xa obsoletos, e que esixe unha reforma integral.

Neste sentido, o Concello aproveitará a explanada do parque para executar unha nova pista multideporte -semellante á habilitada hai un ano no núcleo poboacional da Silva-, renovará por completo a área infantil, con novos equipamentos, e tamén adaptará o espazo biosaudable para dar resposta ás necesidades das persoas usuarias.

A alcaldesa, Inés Rey, fixo fincapé na importancia desta intervención, plantexada co obxectivo de adecuar os espazos do parque Adolfo Suárez á demanda existente na contorna, con diversos centros educativos situados moi preto da área verde.

A rexedora lembrou que un dos compromisos que asumiu o Goberno municipal neste mandato foi que, con vistas ao ano 2030, todas as familias da Coruña, vivan onde vivan, conten cun parque infantil a dez minutos ou menos da súa vivenda. "Iso implica renovar e modernizar as áreas de xogos xa existentes, así como crear outras novas en distritos ou barrios que carecen delas. E esa será a liña de traballo que seguiremos", dixo Rey.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión