Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de junio de 2024

O Concello amplía a súa colaboración coas actividades do Comité Cidadán Antisida de Coruña (CASCO)

A alcaldesa asinou un convenio nominativo por importe de 45.000 euros para a atención a persoas con VIH en risco de exclusión

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a presidenta do Comité Cidadán Antisida e Coruña (CASCO), Begoña Pérez Vegazo, renovaron o convenio de colaboración entre o Concello e a entidade por importe de 45.000 euros, o que supón un aumento de 5.000 euros con respecto ao convenio do pasado ano.

Inés Rey valorou o labor de CASCO, "que non só desenvolve unha actividade continuada de realización de probas rápidas de VIH, senón que coas súas campañas de educación e divulgación sobre a SIDA e outras enfermidades de transmisión sexual realiza un importante labor de prevención social, sobre todo entre as persoas máis novas, que encaixa perfectamente coas políticas municipais neste ámbito".

Neste ano 2024, o Concello da Coruña mantén convenios nominativos por máis de tres millóns de euros con entidades que traballan pola inclusión, a loita contra as adiccións, os maiores, a infancia, a discapacidade e a defensa dos dereitos e o benestar de persoas enfermas e os seus familiares.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión