3 de noviembre de 2020
Os concelleiros Díaz Villoslada e Diana Cabanas reuníronse hoxe coa Asociación Distrito Picasso co fin de abordaren varios proxectos de interese comercial
O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, e a concelleira de Mercados, Comercio e Barrios, Diana Cabanas, reuníronse hoxe coa Asociación Distrito Picasso co fin de abordaren varios proxectos de interese comercial como a humanización da rúa Emilia Pardo Bazán e próxima obra de Pintor Joaquín Vaamonde. Analizaron en conxunto estes dous proxectos co obxectivo de estudar como afectan ao tecido comercial da zona.
ViIloslada sinala que, co obxectivo de aclarar a restrición do tráfico en Pardo Bazán, o vindeiro luns instalarase un panel en que constará a preferencia peaonil, cun sinal de prohibido circular a máis de 10 km/h e cunha lenda que indicará a prohibición de estacionr en toda a rúa, aínda que non impediría parar coas mesmas condicións que no resto da cidade. "En Pardo Bazán o que facemos é dar prioridade peonil e reducir a velocidade máxima a 10 km/h, pero non se prohíbe a circulacion de vehículos", asegura o edil de Urbanismo.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible