Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de febrero de 2023

Esta liña de axudas ten como finalidade contribuír á creación de proxectos artísticos durante este ano 2023

O Concello apoia ao tecido cultural coruñés coa aprobación dunha liña específica de axudas para a creación artística, dotada con 180.000 euros

O importe máximo de cada axuda será de 10.000 euros para cada persoa beneficiaria

O Goberno municipal aprobou este mércores en Xunta de Goberno Local as bases para a nova convocatoria das axudas de creación artística para artistas individuais empadroados na Coruña, unha iniciativa promovida co obxectivo de apoiar ao tecido cultural local e que na vixente convocatoria estará dotada cun orzamento de 180.000 euros.

A alcaldesa, Inés Rey, subliñou a importancia desta liña de axudas, "un apoio económico fundamental para o sector cultural da cidade, e que contribúe a estimular a creatividade do talento local en eidos como as artes plásticas, audiovisuais, escénicas, literarias e musicais".

Esta liña de axudas ten como finalidade contribuír á creación de proxectos artísticos durante este ano 2023, polo que serán subvencionables os gastos orixinados entre o pasado 1 de xaneiro e o 31 de decembro deste exercicio. O importe máximo de cada axuda será de 10.000 euros para cada persoa beneficiaria.

Un dos requisitos esixidos ás persoas solicitantes é estaren empadroadas no Concello da Coruña cunha antigüidade de, polo menos, dous anos. É dicir, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021. Ademais, será imprescindible que a persoa solicitante estea ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias.

As solicitudes deberán achegarse no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O prazo máximo de resolución e publicación da concesión das axudas será de tres meses, contados a partir da data de finalización do prazo de achega das solicitudes.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión