Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de noviembre de 2023

O Concello aproba a nova convocatoria do programa municipal Talón Restaurante, que contará cun orzamento de 600.000 euros para o vindeiro ano

Esta mañá celebrouse a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, que deu luz verde á concesión de licenza para a construción dun edificio de 30 vivendas na Sagrada Familia, no último soar baleiro da avenida de Arteixo

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, na que se aprobou a tramitación anticipada da nova convocatoria do programa municipal Talón Restaurante.

Esta iniciativa, impulsada pola Área de Benestar Social, ten como principais obxectivos a prevención da dependencia e a promoción da autonomía das persoas maiores, facilitando a súa interrelación coa súa contorna social máis próxima proporcionándolles, ademais, unha alimentación equilibrada. Ao mesmo tempo, a posta en marcha deste programa municipal tamén contribúe ao mantemento e fomento do emprego nun importante sector económico da cidade: a hostalaría.

A nova convocatoria do Talón Restaurante conta cun orzamento de 600.000 euros, partida coa que o Concello sufragará parcialmente o custo do menú que os establecementos hostaleiros poderán ofertar, a un prezo máximo de 9 euros (IVE engadido), ou ben un menú económico, por un máximo de 7,20 euros (IVE engadido).

Do importe de cada menú, o Concello achegará:

  • 4,44 euros, con IVE engadido no caso das persoas que teñan unha capacidade económica superior ou igual ao Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM).
  • 6 euros cando a capacidade económica da persoa sexa inferior ao Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM), sendo a cargo da persoa admitida ao programa a cantidade restante ata o total do prezo do menú.

Estas condicións do programa municipal Talón Restaurante 2024 cinguiranse ao período comprendido entre os meses de xaneiro e decembro do vindeiro ano.

Licenza para a construción dun edificio de 30 vivendas na Sagrada Familia 

Este mércores tamén se fixo balance das licenzas resoltas no período comprendido entre os días 3 e 16 de novembro. Notificáronse 186 expedientes, dos que 29 foron licenzas urbanísticas e 88 foron obras en réxime de comunicado.

A este respecto, cómpre destacar, como expediente particular, a licenza concedida á promotora Highfive Avenida de Arteixo para edificar no último soar baleiro na avenida de Arteixo, situado no nº 64, lindeiro coas rúas Belén e Pontedeume, no barrio da Sagrada Familia. Na parcela en cuestión está prevista a construción dun novo edificio de 30 vivendas, que tamén incluirá locais comerciais, rochos e garaxe. O orzamento para a execución dos traballos é de 2,3 millóns de euros.

Por outra banda, hoxe deuse a aprobación inicial ao estudo de detalle presentado pola Fundación Juana de Vega para o reaxuste de aliñacións e rasantes, así como a ordenación de volumes, no nº 38 da rolda de Outeiro, onde a Fundación prevé acometer, posteriormente, a construción dun edificio de 32 vivendas.

A parcela, que ten unha superficie de máis de 2.000 metros cadrados -e xa é propiedade da Fundación-, está situada entre a rúa José González Chas, a travesía da Gaiteira e a propia rolda de Outeiro, e acolle actualmente un aparcadoiro privado ao aire libre, con alugueiro de prazas para o estacionamento de vehículos. O que formulou a Fundación Juana de Vega é darlle un novo uso a este espazo, que é da súa propiedade, para executar un edificio que albergue 32 vivendas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión