Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de marzo de 2024

O Concello asina a addenda que permitirá incrementar os espazos de estacionamento na estación intermodal

A alcaldesa, Inés Rey, notificouno hoxe en rolda de prensa. A addenda incorpórase ao convenio rubricado coa Xunta e ADIF, e suporá un incremento na dotación de prazas de estacionamento, pasando das 350 previstas inicialmente a un total de 575

A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe de que o Concello asinou xa a addenda ao convenio subscrito coa Xunta e ADIF correspondente ás obras de construción da estación intermodal.

A addenda rubrica a modificación de convenio que se aprobou a finais de decembro no Pleno municipal, co obxectivo de incrementar a dotación de espazos de estacionamento na estación intermodal, unha necesidade trasladada polo Goberno de Inés Rey.

Segundo o formulado inicialmente, a estación ía contar cun aparcadoiro subterráneo dotado con 350 prazas de estacionamento. O Concello, tras analizar o servizo e tendo en conta as obras de reurbanización que tamén permitirán mudar a fachada da avenida da Sardiñeira, considerou que era preciso aumentar a cabida do dito estacionamento para ofrecer un mellor servizo público. Por esta razón, construirase finalmente un aparcadoiro cun total de 575 prazas de estacionamento. O incremento sobre o custo inicialmente previsto, 1,8 millóns de euros, o asume integramente ADIF.

A maiores, Inés Rey tamén incidiu en que na avenida da Sardiñeira se creará unha nova zona de estacionamento formato kiss and ride, ideada como un lugar de parada de curta duración para facilitar a chegada e recollida de viaxeiros no lugar no que se localizará o acceso á estación de autobuses.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión