Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de enero de 2026

O Concello asume a titularidade plena da Cidade das TIC, onde investirá 11 millóns de euros

A alcaldesa, Inés Rey, e o reitor da UDC, Ricardo Cao, formalizaron o traspaso do complexo da antiga Fábrica de Armas para rematar o proxecto do polo de innovación tecnolóxica, no que o consistorio financiará tres edificios da universidade

A Cidade das TIC, proxecto concibido como unha punta de lanza de innovación tecnolóxica, industrial e de investigación na Coruña, avanza cara a plena funcionalidade das antigas instalacións de Defensa. Hoxe a alcaldesa, Inés Rey, e o reitor da UDC, Ricardo Cao, asinaron no Palacio de María Pita o convenio de cesión da Universidade ao Concello do complexo. Neste enclave, que xa acolle un dos platós de gravación máis modernos de España, entre outros servizos, o Concello investirá máis de 11 millóns de euros en catro anos para a materialización dun polo de innovación que estea á vangarda de Europa. 

Desde que o 18 de febreiro de 2020 o Ministerio de Defensa lle cedera os terreos á UDC, Universidade e Concello traballaron conxuntamente na elaboración dun plan para a dotación das infraestruturas necesarias para impulsar o nacemento da Cidade das TIC. Durante o ano pasado, ambas as institucións colaboraron para elaboraren un texto definitivo que definise os termos nos que se levaría a cabo a cesión do enclave e os compromisos que asumirían ambas as partes. 

O Concello achegará os fondos necesarios para a creación de tres novos edificios para a universidade, mentres que a UDC utilizará as instalación para desenvolver as súas actividades docentes e profesionais centradas na divulgación e o I+D+i. O Concello  cederalle gratuitamente á UDC tres inmobles (1, 7 e 9) para seren destinados ao proxecto, en réxime de cesión de uso.

A previsión inicial é que a execución das obras se estenda ata o ano 2028, pero cunha posibilidade de prórroga de ata catro anos adicionais. "Nos últimos exercicios, o Concello investiu máis de 3 millóns de euros na Cidade das TIC. Hoxe reafirmamos o noso compromiso co impulso definitivo do que, estou convencida, será un dos polos de innovación e desenvolvemento económico da cidade", subliñou Inés Rey, que tamén celebrou que "por fin temos ao alcance da nosa man converter a Cidade das TIC nun verdadeiro polo de innovación tecnolóxica e industrial que atraia o talento e o investimento e poña A Coruña á cabeza de Europa nestes campos".

O reitor da UDC, pola súa banda, destacou que esta decisión permite "avanzar cara un modelo de gobernanza máis eficiente, no que as administracións con competencias urbanísticas, industriais e empresariais poidan impulsar o desenvolvemento das infraestruturas, garantindo ao mesmo tempo que todas as iniciativas de formación, investigación e transferencia da Cidade das TIC continúen baixo a coordinación académica da UDC".

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión