31 de enero de 2024
A alcaldesa recibiu os novos axentes de policía que tomaron posesión esta mañá, ampliando o cadro de persoal a 360 profesionais
Trátase da maior incorporación de axentes dende o ano 1992
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá os trinta novos axentes da Policía Local no Palacio de María Pita, logo da súa toma de posesión. O Concello aumenta deste xeito o cadro de persoal cunha trintena de axentes, o que supón chegar a preto de 360 profesionais no servizo activo.
Esta é a incorporación de novos axentes máis numerosa dende o 1992. Dos trinta novos profesionais, cinco incorporaranse inmediatamente mentres que os restantes accederán á academia para completar a súa formación nun período de seis meses. Os tres meses seguintes incorporaranse á Policía Local da Coruña en período de prácticas, entrando a formar parte como funcionarios de carreira a finais de ano.
Este reforzo do cadro de persoal da Policía Local xa fora avanzado pola alcaldesa na toma de posesión doutros 10 novos axentes o pasado mes de outubro, comprometéndose á incorporación de 30 novos profesionais a comezos de ano. Desde o 2018 a oferta de prazas chega a 106.
A alcaldesa explicou que esta convocatoria amosa o compromiso do Goberno local coa seguridade da cidade. "Comprometémonos a reforzar o servizo da Policía local e hoxe recibimos a 30 novos axentes, cumprindo o compromiso coa maior incorporación das últimas tres décadas", sinalou a alcaldesa. Rey recibiu os axentes acompañada pola concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz.
11 de abril de 2024
19 de febrero de 2024
16 de febrero de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible