Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de septiembre de 2026

Luz verde definitiva ao Estudo de Detalle do bloque Z4-R17L en Visma, que permitirá construír tres inmobles con usos residenciais e terciarios

O Concello avanza na declaración da nulidade dos acordos de 1962 que permitiron que a Casa Cornide acabase en mans da familia Franco

O Goberno local levou ao pleno a revisión de oficio dos acordos municipais de 1962 que posibilitaron a poxa, un paso máis para reclamar a titularidade pública do ben

O Goberno local aprobou hoxe en pleno a revisión de oficio dos acordos municipais de 1962 que permitiron que a Casa Cornide rematase en mans da familia Franco, dando así un novo paso no proceso impulsado polo Goberno de Inés Rey para recuperar o inmoble para o patrimonio público.

O acordo inclúe o rexeitamento das alegacións presentadas pola familia Franco e a aprobación dos informes encargados ao profesor da UDC Carlos Aymerich. "Os informes incorporados ao expediente conclúen que na operación pola que a Casa Cornide foi alleada concorreron múltiples irregularidades e infraccións legais", sinalou o Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura, Turismo e Memoria Histórica. O edil destacou a importancia do labor de documentación histórica durante a investigación promovida polo Concello: "Esa documentación reforza a conclusión de que non estamos ante unha simple transmisión patrimonial ordinaria, senón ante unha actuación deseñada para favorecer intereses particulares alleos ao interese público que debía presidir a actuación das administracións", indicou.

O procedemento aféctalle aos acordos do 3 de xullo de 1962, que aprobou o alleamento da propiedade municipal mediante poxa, e do 2 de agosto dese mesmo ano, que adxudicou definitivamente o inmoble a Pedro Barrié de la Maza. Só catro días despois, este vendeu a Casa Cornide a Carmen Polo, muller do ditador.

Agora o Concello remitiralle o expediente completo ao Consello Consultivo de Galicia para continuar coa tramitación do proceso e poder seguir adiante coa anulación definitiva dos acordos de 1962 e a reclamación da propiedade.

Proceso de recuperación da Casa Cornide

O Goberno de Inés Rey promoveu desde a súa chegada á Alcaldía en 2019 diferentes accións para protexer e recuperar o inmoble, coa posta en marcha dos estudos históricos, artísticos e xurídicos necesarios para fundamentar a reclamación. En 2020, os informes encargados polo Concello avalaron a existencia de vías legais para recuperar a Casa Cornide e o executivo municipal solicitou á Xunta a súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC).

A declaración como BIC chegou finalmente no ano 2023, a instancias do Goberno local, reforzando a protección do inmoble e establecendo, entre outras obrigas, a súa apertura ás visitas públicas. Desde entón, o Concello continuou avanzando na vía xurídica para recuperar a súa titularidade, ata a revisión dos acordos municipais de 1962 que artellaron a poxa e posterior transmisión da Casa Cornide á familia Franco.

A decisión adoptada hoxe polo Pleno supón un novo paso neste proceso co obxectivo final de que a Casa Cornide volva formar parte do patrimonio público coruñés.

Aprobada á ordenación da mazá Z4-R17L de San Pedro de Visma

Tamén nesta sesión ordinaria, o Goberno local levou á aprobación definitiva o estudo de detalle do bloque Z4-R17L de San Pedro de Visma, dando un novo paso no desenvolvemento do barrio. O documento ordena a construción de tres inmobles que sumarán case 34.000 metros cadrados de superficie residencial e máis de 9.700 destinados a usos terciarios. A actuación contempla tamén a creación dunha praza de titularidade privada que terá uso público. "O novo barrio de Visma xa é unha realidade e este estudo de detalle permítenos seguir avanzando na súa construción", sinalou o voceiro do Goberno municipal e concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage.

Lage lembrou que as obras de urbanización de Visma están xa executadas ao 74%. O ámbito contará con 3.600 vivendas, das que arredor dun milleiro serán protexidas, ademais de 90.000 metros cadrados de zonas verdes e espazos libres e 50.000 de equipamentos. "O urbanismo é unha forma máis de aplicar políticas sociais de vivenda nun momento no que o acceso a un piso se converteu nun dos principais problemas para a cidadanía", indicou.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión