24 de mayo de 2026
A nova instalación, construida na rúa Cuento ao abeiro da rehabilitación do mercado municipal do barrio, volverá á actividade no mes de setembro
A apertura da nova EIM de Monte Alto xa está un paso máis preto. Esta semana, o Concello licitou o contrato de adquisición do equipamento e mobiliario da escola infantil, un paso clave de cara á volta á actividade da escola infantil, prevista no mes de setembro.
O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, puxo en valor a modernidade e calidade das novas instalacións da EIM, que anteriormente tiña a súa localización na rúa Forcarei e, aproveitando a renovación do mercado municipal do barrio, foi trasladada e reconstruída a carón da rúa Cuento.
Agora, co novo equipamento listo, o Goberno de Inés Rey ultima as tarefas correspondentes á subministración dos utensilios necesarios para o funcionamento diario da escola, un espazo de titularidade municipal no que, ao igual que nas outras sete instalacións da REIM, o Goberno de Inés Rey promove a escolarización gratuíta de nenas e nenos de ata tres anos de idade.
"Agradecemos a comprensión, paciencia e espírito de colaboración amosados polo equipo educativo e as familias usuarias da EIM ao longo deste tempo", expresou Borrego, que informou hoxe de que o contrato que saíu a concurso inclúe a adquisición dos útiles necesarios para o coidado das crianzas nas aulas da EIM, a sala de usos múltiples, dependencias como recepción e despachos, a sala de xuntas e tamén os aseos. "Sei que as familias saberán valorar a nova escola infantil, que ofrecerá aos pequenos e pequenas moito mellores condicións que as instalacións previas", indicou Borrego.

24 de mayo de 2026

23 de mayo de 2026

22 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible