Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de enero de 2023

O Concello avanza nos traballos para renovar a rede de saneamento na rúa Cardenal Cisneros, no barrio da Sagrada Familia

Infraestruturas está a substituír os antigos colectores por uns novos, cun diámetro exterior que reforza a seguridade fronte a posibles fugas

O Concello da Coruña, a través do servizo municipal de Infraestruturas, iniciou esta semana os traballos para renovar a rede de saneamento entre as rúas Cardenal Cisneros e González del Villar, no barrio da Sagrada Familia.

As obras comezaron o luns, coa previsión de que estean rematadas na primeira semana de febreiro. Neste sentido, o Concello está a acometer a substitución dos colectores, feitos con base de gres e con 200 mm de diámetro exterior, por uns novos, de PVC e cun diámetro máis amplo, de 315 mm.

A intervención está centrada, moi específicamente, no sector central de Cardenal Cisneros que conflúe coas rúas Sagrada Familia, San Lucas e González del Villar, nun tramo de case un centenar de metros no que os colectores asociados á rede eran xa antigos.

As intervencións para mellorar o saneamento nos barrios da cidade

Esta intervención na Sagrada Familia dá continuidade ao plan de melloras do saneamento que está a executar o Goberno de Inés Rey nos barrios da cidade, sempre baixo os parámetros indicados previamente, renovando o material dos colectores e apostando por un diámetro exterior que reforce a seguridade fronte a posibles fugas.

Ademais das intervencións en Cardenal Cisneros, o persoal de Infraestruturas traballa actualmente para remodelar a rede de saneamento no núcleo poboacional de Bens, na rúa Marsella (A Zapateira) e tamén se están a subsanar deficiencias existentes nos colectores próximos ao cruzamento entre Ramón y Cajal e a avenida do Exército.

Xa se executaron a mediados de decembro do ano pasado intervencións de mellora na rede de saneamento das rúas José Cornide, no Ensanche; Médico Devesa Núñez, en Lonzas, e Albert Camus, situada no barrio de Monte Alto, na contorna da Domus e o Paseo Marítimo.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión