28 de septiembre de 2025
Entre o 3 e o 5 de outubro haberá xornadas de portas abertas, visitas nocturnas, acceso ao laboratorio e ata sesión vermú con O Acorde Secreto
O Concello celebra a vindeira fin de semana o 57 aniversario do Museo Arqueolóxico, unha efeméride que contará cunha ampla programación cultural que se estenderá desde o venres 3 ata o domingo 5 de outubro. "O Museo Arqueolóxico é un referente non só en Galicia, senón no ámbito nacional, e un exemplo do coidado do noso patrimonio. Por iso desde o Goberno de Inés Rey promovemos que todo os coruñeses e coruñesas se acheguen a coñecer o noso museos e poidan gozar nel dunha ampla programación cultural", indicou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.
Venres 3 de outubro
Ás 18.30 haberá unha conferencia coa Asociación de Amigos sobre Pedra Cuberta, a cargo dos arqueólogos Lino Gorgoso e Fernando Carrera, que exporán os resultados das súas investigacións sobre o dolmen.
Ás 20.30 a Asociación Ío organiza no Castro de Elviña a Noite Internacional da Observación da Lúa, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.
Sábado 4 de outuburo
Haberá xornada de portas abertas no Arqueolóxico, con visitas guiadas previa inscrición (no teléfono 981 189 850) ás 12,00, 18.00 e 21.00 horas. Ademais o museo abrirá en horario nocturno ata as 24.00 horas.
Tamén se organizan talleres infantís ás 12.00 horas e ás 17.00 horas, e para adultos ás 19.00 horas. No caso dos infantís a primeira actividade consistirá no acceso á sala de investigación do museo, manipulando réplicas para coñecer o traballo dos arqueólogos (https://ticketing.coruna.gal/arq/ArqueoLab/). O segundo versará sobra arquitectura defensiva a través do coñecemento do propio Castelo de San Antón (https://ticketing.coruna.gal/arq/Arquitectura/) . No caso do taller de adultos ensinaranse os procesos de laboratorio que se empregan para a restauración e conservación de pezas (https://ticketing.coruna.gal/arq/LabAdultos/). En todos eles é precisa a inscrición previa nos enlaces facilitados.
Domingo 5 de outubro
Finalmente o domingo ás 12.00 horas haberá unha visita guiada polo museo e ás 13.00 horas unha sesión vermú no patio de armas cun concerto de O Acorde Secreto.

28 de marzo de 2026

27 de marzo de 2026

27 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible