22 de julio de 2026
As obras avanzan coa instalación das estructuras, que darán sombra en verán e permitirán o uso dos xogos tamén nos días de choiva
A alcaldesa, Inés Rey, supervisou este mércores o avance das obras do novo parque infantil do Ventorrillo, onde xa comeza a tomar forma o que será o primeiro parque cuberto da cidade. Os traballos permitiron instalar xa as dúas primeiras estruturas metálicas que sosterán o conxunto das catro cubertas e está a instalarse a terceira. Trátase dun elemento innovador que converterá esta área infantil nun equipamento pioneiro na Coruña. Na súa visita, a alcaldesa estivo acompañada polo concelleiro de Infraestruturas, Jesús Javier Celemín Santos, e a concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa.
Nas vindeiras semanas continuará a colocación da última estrutura metálica e, nunha fase posterior, instalaranse as planchas de policarbonato que conformarán a cuberta definitiva. Esta permitirá que as crianzas poidan facer uso do parque durante todo o ano, protexidas tanto da choiva como da radiación solar.
A alcaldesa, Inés Rey, destacou que "esta actuación representa un paso máis no compromiso do Goberno municipal por dotar todos os barrios de espazos públicos de maior calidade, accesibles e adaptados ás necesidades da veciñanza". A rexedora lembrou que "o parque do Ventorrillo será un equipamento pioneiro na cidade e responde a unha forma de planificar os espazos públicos pensando no seu uso durante todo o ano". A intervención forma parte do Plan de Barrios 2025-2027, impulsado polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de seguir modernizando os espazos públicos da cidade. Para facer posible a instalación da cuberta retiráronse xa os xogos e o pavimento existentes para posteriormente realizar as cimentacións para as estructuras. Actualmente están executándose os traballos de ancoraxe das estruturas metálicas. Unha vez rematada esta fase, abordarase a renovación integral da área infantil.
O proxecto, que supón un investimento municipal dun millón de euros, permitirá ampliar a superficie do parque dos 400 metros cadrados actuais ata os 730, incrementando tamén a súa capacidade de 76 a 135 persoas usuarias. Ademais da cuberta, renovarase completamente o pavimento e os elementos de xogo, incorporando novos equipamentos inclusivos e sensoriais, así como dous grandes tobogáns aproveitando o noiro lindeiro ao parque, nun deseño similar aos existentes no corredor verde de Novo Mesoiro.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible