Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de septiembre de 2026

O Concello comeza as obras da nova área infantil na praza de Portugal , cun investimento de case 1,3 millóns de euros

Este novo espazo está enmarcado na estratexia do Goberno de Inés Rey para revitalizar, ampliar e mellorar as zonas infantís en todas as zonas da cidade

O Concello comezou xa os traballos da nova área infantil da praza de Portugal, un gran complexo que mellorará o equipamento lúdico para a mocidade nunha zona emblemática da Coruña, nas proximidades de Riazor. O investimento é de case 1,3 millóns de euros, e a zona estará especialmente pensada para nenos e nenas de 0 a 12 anos.

"Investir na mocidade é investir no benestar da familias da Coruña. O Goberno de Inés Rey está a traballar desde o primeiro día para reforzar e ampliar as posibilidades ofrecidas aos pequenos e pequenas para desenvolverse e divertirse en espazos modernos, públicos e totalmente dotados dos mellores elementos de xogo posibles. Unha cidade que se planifica pensando nos mozos e mozas é unha cidade feliz e próspera", subliñou o concelleiro de Infraestruturas, Jesús Celemín. 

A obra ten un prazo de execución duns 12 meses, e actualmente está na fase inicial. Este novo espazo dotarase de elementos de xogo como paneis ópticos e de rolo, e tamén de zonas pensadas para nenos e nenas con mobilidade reducida, e incorporará unha randeeira e un carrusel accesibles. A nova estrutura situarase na explanada existente no 2.º nivel da praza.

A actuación completarase coa substitución da zona de xogos actual por unha zona de calistenia, dotada dunha estrutura combinada que inclúe barras e bancos para dominadas e outros exercicios, o que converterá así esta localización tan concorrida nunha das zonas lúdicas ao aire libre de referencia para a cidade. O total de superficie afectada será de 821 m2 para a zona de xogo e de 144,5 m2 para a área de calistenia.

Unha estratexia xeral para as áreas infantís

O Concello ten actualmente en marcha unha estratexia xeral de mellora e ampliación das áreas infantís en toda a cidade, con grandes investimentos como o parque tamén en marcha no Ventorrillo, que contará con cubertas para garantir zonas de sombra en verán e protección fronte á choiva o resto do ano. O deste parque será un equipamento pioneiro na cidade e responde a unha forma de planificar os espazos públicos pensando non só na funcionalidade, senón tamén na seguridade. A intervención forma parte do Plan de barrios 2025-2027 -que xa ten mobilizados máis de 83 millóns de euros en investimentos-, impulsado polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de seguir modernizando os espazos públicos en todas as zonas da Coruña. 

O proxecto permitirá ampliar a superficie do parque dos 400 metros cadrados actuais ata os 730, incrementando tamén a súa capacidade de 76 a 135 persoas usuarias. Ademais da cuberta, renovarase completamente o pavimento, incorporaranse novos equipamentos inclusivos e sensoriais, así como dous grandes tobogáns aproveitando o noiro lindeiro ao parque, nun deseño similar aos existentes no corredor verde de Novo Mesoiro.

Outro exemplo recente de actuacións en zonas de lecer infantís foi o xa finalizado parque do CEIP Concepción Arenal, coa incorporación de novos equipamentos de xogo, como unha torre multifuncional e bambáns. Tamén se remodelou a superficie para incrementar a capacidade que había anteriormente, que pasou a ser de 173 metros cadrados, cun novo firme de caucho.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión