14 de agosto de 2026
Cun investimento de case 150.000 €, a actuación incluirá a repoboación do arboredo, o aumento das zonas axardinadas e a reposición de mobiliario e de elementos de xogo
O Concello comeza as obras de renovación e renaturalización do patio exterior do CEIP María Barbeito e Cerviño, cun investimento de case 150.000 euros. A actuación está incluída no plan de melloras que se executa este verán nos colexios públicos da cidade, unha iniciativa impulsada polo Goberno de Inés Rey para contribuír á modernización da instalacións educativas empregando os recursos municipais.
"Gustaríanos que outras administracións públicas tivesen o mesmo interese que o Concello en mellorar as instalacións dos CEIP da cidade. Ata agora, estivemos practicamente sós facéndolle fronte ás actuacións de mantemento e rehabilitación dos centros. Agardamos que, no futuro, a Xunta se implique e cumpra as súas competencias poñendo fondos e medios para os centros da cidade cidade", subliñou a alcaldesa, Inés Rey.
No caso do patio infantil do CEIP María Barbeito e Cerviño, situado no barrio do Ventorrillo, o proxecto inclúe a creación de novas zonas verdes e recreativas que mudarán o aspecto e as características do recinto, aumentando a oferta lúdica para o alumnado e respectando as áreas de práctica de deportes de equipo -pistas de fútbol e básquet-.
O proxecto redactouse grazas ás achegas do persoal do colexio e das nais e pais do alumnado, a través de reunións e talleres para escoitar suxestións e necesidades para adaptar a proposta ás características do centro. O obxectivo fundamental é facer que a natureza gañe peso na contorna dunha forma orgánica e que sexa parte do xogo cotián dos nenos e nenas. As actuacións inclúen a ampliación dos elementos de xogo, o aumento das zonas de sombra, a plantación de arboredo, a reposición de mobiliario e o aumento substancial das zonas axardinadas creando novos focos de interés para as actividades lúdicas.
Este ano, o Concello destina 1,7 millóns de euros a investimentos en colexios públicos e 2,7 millóns á execución do seu plan de mantemento anual. Ademais, nesta tempada estival realizaranse medio cento de intervencións de mellora en 22 centros educativos da Coruña. Entre as actuacións xa concretadas polo Concello nas últimas semanas figura, por exemplo, a renovación integral do parque infantil do CEIP Concepción Arenal, xa executada de cara ao inicio do próximo curso.

8 de julio de 2026

25 de junio de 2026

18 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible