Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de marzo de 2016

O Concello comeza coa terceira fase do programa de recollida diferenciada de roupa coa instalación de 28 novos contedores

A área de Medio Ambiente, que dirixe María García, implantará o 60% dos dispositivos previstos antes do mes de xuño

O Goberno municipal comezará mañá xoves coa terceira fase da implantación dos contedores que promoven e facilitan a recollida diferenciada de roupa usada e materiais téxtiles. En total serán 28 os novos depósitos que se distribuirán por distintos barrios da cidade para facilitar a separación en orixe. O plan, posto en marcha pola Concellería de Medio Ambiente o pasado mes de xaneiro, xorde a través dun convenio coa entidade Padre Rubinos que contempla a instalación de 125 contedores en dous anos. Desde xeito, e segundo afirmou a edil María García, a súa área implantará o 60% dos contedores previstos “antes do mes de xuño”.

A Concellería xa instalou desde o inicio do programa 47 depósitos en espazos municipais, principalmente situados en zonas próximas aos centros cívicos e mercados municipais. Nestes dous meses nos que a área de Medio Ambiente potenciou a xestión dos residuos na cidade mediante a participación cidadá, recolléronse nos contedores e a través do servizo a domicilio 30 toneladas de roupa e materiais téxtiles aproximadamente.  “Unha vez remate este terceiro prazo”, explicou García comezará un novo período “no que se avaliará o comportamento que teñen os existentes así como as demandas da cidadanía que permitan introducir melloras no programa”.

Os novos contedores estarán en: 

  1. Antonio Ínsua Rivas / Centro Elviña
  2. Avenida Pasaxe, 38/ Hospital Teresa Herrera
  3. Rúa San Vicente/ Francisco Tettamancy Borrallón
  4. Praza Esteban Lareo Castro
  5. Rúa San Lucas/ Avenida Finisterre
  6. Praza Maestro Mateo/ Alfredo Vicenti
  7. Rúa Alfonso Rodríguez Castelao/ Manuel Azaña
  8. Paseo de Ronda/ Paseo das Pontes
  9. Rúa Sinforiano López/ Doctor Fleming
  10. Carretera de Circunvalación/ Avenida de Hércules
  11. Rúa Zalaeta/ Hospital - San Roque
  12. Campus de Oza
  13. Centro Comercial Os Rosales
  14. Avenida dos Caídos/ Alicante
  15. Rúa Santo Tomás/ Vereda del Polvorín
  16. Rúa Orillamar/ Javier Fonte
  17. Mercado Municipal San Agustín
  18. Rúa Justicia/ Travesía da Torre
  19. Praza Luís Rodríguez Lago / San Pedro/ Orillamar
  20. Rúa Ángel Rebollo/ Domus
  21. Rúa Antonio Viñes/ Asturias
  22. Ronda Camilo José Cela/ Claveles
  23. Rúa Petunias/ Camelias
  24. Campo de Marte/ Curros Enríquez
  25. Avenida de Peruleiro/ José Careaga
  26. Praza de Recife/ Igrexa de San Pablo
  27. Rúa Sol/ Boquete de San Andrés
  28. Ronda de Monte Alto/ Marola


 

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión