1 de mayo de 2026
Os traballos para deixar as praias listas para a tempada estival prolongaranse durante ao menos 15 días
O Concello comeza o próximo luns 4 de maio os traballos para retirar da praia de Riazor a duna de area que protexeu o Paseo Marítimo dos temporais costeiros da temporada invernal.
A duna instalouse a finais de outubro do pasado ano e a finais do mes de xaneiro acometéronse traballos de reconstrución para reparar os danos que causaron as borrascas Joseph e Ingrid, con refachos de vento de máis de 100 quilómetros por hora e ondas de máis de nove metros.
Para retirar a gran estrutura de protección, de 360 metros de longo, utilizaranse dous bulldozers e unha retroexcavadora que removerán miles de metros cúbicos de area.
"Ademais de retirar a duna é necesario desenterrar e limpar as duchas e lavapés de todas as praias urbanas e comprobar o seu funcionamento, instalar as casetas dos socorristas e a de educación ambiental e realizar outras tarefas para poder gozar dos areais da Coruña a partir do 15 de xuño", sinalou a concelleira de Medio Ambiente Yoya Neira.
A duna de Riazor levantouse por primeira vez no ano 1995 como resposta a un forte temporal que derrubou a antiga balaustrada do Paseo Marítimo ao seu paso por este areal.

22 de junio de 2026

18 de junio de 2026

15 de junio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible