27 de noviembre de 2022
A empresa Maximino Seoane, encargada da restauración do monumento a Luís Seoane, será a responsable de executar os traballos
A escultura é obra do artista coruñés Antonio Vázquez Liñeiro, ex director do grupo de arquitectura e enxeñaría TA
O Concello da Coruña, a través da concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, comezará esta semana os traballos de restauración no reloxo urbano situado no Paseo Marítimo das Lagoas. A actuación enmárcase nos plans do Goberno de Inés Rey de recuperación do patrimonio histórico-cultural da cidade, coa recente recuperación do mural da canteira de Leopoldo Nóvoa ou a apertura definitiva dos emblemáticos Xardíns de San Carlos.
O estudo previo aos traballos confirmou a necesidade de actuar sobre os elementos metálicos oxidados coa fin de mellorar o estado e conservación da devandita obra. As actuacións a realizar consisten na desmonte e saneado do material e elementos oxidados.
Os elementos irreparables serán retirados e substituídos por pezas de aceiro de carbono de características similares, coa fin de protexer e prever a súa degradación. Os elementos reparables serán tratados e levarase a cabo un repintado das superficies metálicas realizado polos servizos municipais. A empresa Maximino Seoane, especializada en mantemento integral de elementos metálicos, será a responsable de executar os traballos de restauración xunto cos do monumento a Luís Seoane iniciados hai unhas semanas.
Con esta actuación, o Goberno de Inés Rey avanza no seu compromiso coa recuperación do patrimonio artístico, sumando a restauración do reloxo das Lagoas ás xa executadas nos reloxos históricos do Obelisco, María Pita e xardíns de Méndez Núñez a fin de conservar e recuperar os elementos patrimoniais da cidade.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible