17 de enero de 2025
Inés Rey: “Dende o ano 2019 levamos a cabo varias intervencións en Santa Margarida para mellorar e adaptar os seus equipamentos e poñer en valor un dos espazos naturais de referencia da cidade”
A alcaldesa visitou a contorna para supervisar os traballos levados a cabo no enclave, un dos elementos etnográficos de maior relevancia do parque
A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta mañá a contorna do parque de Santa Margarida acompañada da concelleira de Mobilidade e Infraestruturas, Noemí Díaz, para supervisar os traballos levados a cabo na cuberta do muíño, un dos elementos etnográficos de maior relevancia do parque. A alcaldesa destacou que "co remate dos traballos na cuberta completamos a restauración no muíño que iniciamos no pasado mandato coa integración do muíño co estanque lindeiro".
En concreto, na primeira fase remodelárase a contorna do estanque, incluíndo catro novas áreas verdes con novos elementos florais, e en paralelo realizáranse tarefas de limpeza e mellora da carpintaría na estrutura do muíño. Ademais, aproveitouse a intervención para mellorar e renovar o firme nos camiños de acceso ao enclave. Agora, o Concello actuou para frear o deterioro da estrutura da cuberta, danada por filtracións de auga e que podían poñer en perigo a conservación do mecanismo dos mecanismos internos.
Para iso retiráronse as táboas deterioradas e substituiuse por unha lámina protectora de PVC, asegurando a estabilidade da cuberta. Tamén se remplazaron os paneis por contrachapado de bidueiro, respectando o deseño orixinal. Ademais cambiáronse as carpintarías das ventás por vidros laminados de seguridade e protexéronse os elementos metálicos da cuberta con pintura ao esmalte, resistente á intemperie. A intervención contou cun orzamento de máis de 25.000 euros.
Rey sinalou que "dende o ano 2019 levamos a cabo varias intervencións no parque de Santa Margarida para mellorar e adaptar os seus equipamentos co obxectivo de poñer en valor un dos espazos naturais de referencia da cidade". A alcaldesa referiuse a diversas actuacións no anfiteatro así como coa renovación do mobiliario urbano, seguidas pola intervención na área canina do parque e a mellora da pasarela que sobrevoa a avenida de Arteixo e conecta o sector leste do parque coa rúa Industrial, no barrio da Falperra, facilitando o acceso peonil da cidadanía a Santa Margarida.
O total das intervencións realizadas supera os 458.053 euros, dos que 359.308 euros foron só nos últimos dous anos. "Hai uns meses os veciños e veciñas estrenaban a nova área canina que contou cun orzamento de 66.308 euros e tamén abríamos a renovada pasarela de acceso dende avenida de Arteixo, cuxa intervención supuxo un investimento total de 70.000 euros" sinalou a alcaldesa. A elas súmanse a ampliación do parque infantil, que contou cun investimento de 58.745 euros e a restauración da cuberta do muíño, con máis de 25.000 euros.

22 de octubre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible