8 de octubre de 2022
Os traballos, que comezaron durante a tempada estival, centráronse nas melloras no firme, a instalación de novas ablaqueacións e a disposición de novo mobiliario urbano, como bancos e fontes
O Concello da Coruña vén de rematar os traballos para a restauración e mellora do Campo de Marte, no barrio de Monte Alto, onde se aproveitou a tempada estival para iniciar un plan de intervencións orientado á restauracion do firme e a rexeneración das áreas verdes e do mobiliario urbano.
As obras, executadas a través da Concellaría de Medio Ambiente e da Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, tiñan como obxectivo a recuperación dunha das zonas verdes de maior valor histórico da cidade, dentro da líña de actuacións postas en marcha no actual mandato por Inés Rey e que inclúen a recuperación de Méndez Núñez e dos xardíns de San Carlos, entre outros . Os operarios municipais repuxeron o pavimento asfáltico para darlle unha uniformidade total, con vistas a reforzar a seguridade e accesibilidade dos usuarios. Asemade, procedeuse á sustitución do pavimento das zonas de xogos infantis e biosaudables. Estas últimas trasladáronse dentro do parque a un lugar máis accesible.
En paralelo, traballouse a fondo nas zonas de arboredo e áreas axardinadas, co obxectivo de sometelas a unha rexeneración total. Mellorouse o sistema de rega na superficie verde do Campo de Marte, e, a continuación, tras a restauración dos antigos bordos e a xeración deablaqueacións de protección para as árbores, leváronse a cabo tarefas para o resementado do céspede, engadindo sustrato, procedéndose, ademais, a plantar oito novas árbores e 580 arbustos variados.
A instalación de novo mobiliario
A intervención no Campo de Marte complementouse tamén coa restauración das farolas do alumbrado público, instalación de novos xogos biosaudables, papeleiras e a colocación de novos bancos para as persoas usuarias, o que implicou a desmontaxe previa dos antigos para a reposición, posterior, con bancos elaborados con madeiras tropicais e estrutura de fundición. Ademais, e no contexto da actualización do mobiliario urbano no Campo de Marte, instaláronse tamén novas fontes.
18 de abril de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible